Tordoia é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Ten unha extensión de 124,5 km² distribuídos en dez parroquias.

Demografía

Segundo o Padrón municipal de habitantes, en 2014 a súa poboación era de 3.706 persoas (1.749 homes e 1.957 mulleres) (4.339 no 2009, 4.548 no 2006, 4.617 no 2005, 4.713 no 2004, 4.841 en 2003). O seu xentilicio é «tordoiés/tordoiesa».

Censo total 2014 3.706 habitantes Menores de 15 anos 229 (6.18 %) Entre 15 e 64 anos 2.127 (57.39 %) Maiores de 65 anos 1.350 (36.43 %)

Escudo As orixes do escudo remóntanse a 1846. A composición é de prata, cunha árbore sinople de dúas copas, sostido de tres ondas de azur e prata, e coa Coroa Real de España pechada e engastada de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, interpoladas de perlas e de cuxas follas saen outros tantos diademas de perlas que converxen nun mundo de azur co corpo en ouro e acabando nunha cruz de ouro e todo iso forrado de goles.

Enténdese que a árbore de dúas copas facía referencia á multitude de castiñeiros que había na zona, xa que hai poucos exemplos coma este en heráldica. As ondas azuis e prata fan referencia aos numerosos ríos, fontes e regos que fertilizan e regan o concello.

Cultura

Toponimia Edelmiro Bascuas rexeita a posibilidade de que Tordoia proveña dun composto Turodo-Briga por dificultades fonéticas na evolución e propón un étimo *TŬRDOIA

Patrimonio Acea de Estevo Dolmen de Cabaleiros Pedra Longa

Festas Anxeriz Santa Mariña, 18 e 19 de xullo. Virxe do Rosario, primeiro domingo de outubro.

Andoio Samede, 7 e 8 de agosto.

Bardaos Bardaos, 15 e 16 de agosto.

Castenda Santa María, 15 e 16 de agosto. Festa de Campo na ermida do Carme, terceiro domingo de xullo. San Ramón, 30 de agosto. Festa do Sacramento, en agosto.

Viladabade Virxe do Carme o 25 de xullo. San Ciprián en setembro.

Galería de imaxes

Parroquias Parroquias que forman parte do concello:Páxina web do Instituto Nacional de Estatística cos datos de referencia. Consultado o 25 de outubro de 2018.

Lugares de Tordoia Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tordoia vexa: Lugares de Tordoia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Tordoia

Ligazóns externas Web Oficial do Concello de Tordoia Lidia Gómez Martínez en "O Seminario de Onomástica responde (Real Academia Galega, 23.09.2024)

Categoría:Tordoia Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía