José María Correa Miranda, nado en Cervo e finado en Lugo o 10 de decembro de 1936, foi un funcionario e político galego.

Traxectoria Secretario do Concello de Cervo. Militante de Unión Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Ingresou na cadea de Lugo o 7 de agosto de 1936. Xulgado en Lugo en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo 10 de decembro de 1936 con Benito Colín Veiga.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cervo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes