Ramón Quintela Pérez, finado en Lavadores o 11 de setembro de 1946, foi un agrarista e político galego.

Traxectoria Irmán de Ángel Quintela Pérez. Mecánico. Traballou na fábrica de conservas de Antonio Alonso. Foi un dos fundadores da Sociedade de Agricultores de Lavadores, da que foi presidente. Estivo detido en Ribadavia en 1902 e volveu ser detido con motivo da folga xeral de 1917 acusado de rebelión.El Pueblo Gallego, 13-11-1931, p. 6. Foi concelleiro de Lavadores entre 1916 e 1936. A principios de febreiro de 1924 foi primeiro tenente alcalde na corporación presidida por Honorato Fernández Míguez. Coa proclamación da República foi nomeado presidente da Comisión xestora provisional. Finou en Lavadores o 11 de setembro de 1946.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 12-9-1946, p. 5.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Ángel y Ramón Quintela, alcaldes de Lavadores

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Alcaldes de Lavadores Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes