The Kite Runner é un filme estadounidense de 2007 dirixido por Marc Forster. O guión é obra de David Benioff e baséase na novela O cazador de papaventos de Khaled Hosseini. Conta a historia de Amir, un neno rico do distrito Wazir Akbar Khan de Cabul que vive atormentado pola culpa de abandonar o seu mellor amigo Hassan, o fillo do servente hazara do seu pai. Está ambientado en diversos eventos conflitivos de Afganistán, como a caída da monarquía no país por mor da intervención militar soviética, o éxodo masivo de refuxiados cara a Paquistán e os Estados Unidos, e o réxime talibán.

Cun orzamento de $20 millóns, recadou máis de $72,2 en todo o mundo. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, e foi nomeado ó Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa en 2007. A banda sonora de Alberto Iglesias foi nomeada á mellor banda sonora nos Globos de Ouro e na 80ª edición dos Oscar.

Personaxes Khalid Abdalla como Amir Qadiri Zekeria Ebrahimi como Amir de neno Ahmad Khan Mahmidzada como Hassan Homayoun Ershadi como Agha Sahib (Baba) Atossa Leoni como Soraya Shaun Toub como Rahim Khan Saïd Taghmaoui como Farid Abdul Salaam Yusoufzai como Assef Elham Ehsas como Assef de neno M.Ali Hassan como Sohrab Maimoona Ghezal como Jamila Taheri Qadir Farookh como Xeneral Taheri Khaled Hosseini como doutor no parque Camilo Cuervo como soldado talibán

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua dari Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Marc Forster Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes rodados na China Categoría:Filmes rodados en Paquistán Categoría:Filmes ambientados en Afganistán Categoría:Filmes ambientados en Paquistán Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Paramount Vantage Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes sobre inmigración