Atrás Tigre é un grupo galego de música pop formado en 2016 en Santiago de Compostela. Está formado por Olalla Cociña (teclados e voz), Xiana Arias (baixo), Pedro Solla (voz e guitarra) e Antón Blanco (batería). O seu estilo foi definido entre o pop C-86, o dream pop e o jangle pop con intensidade shoegazeAtrás Tigre en La Fonoteca..
Historia En 2016 publicaron o seu EP Atrás Tigre, editado en formato casete por Triunvirato, gravado en Laboratorio Soyuz por Máster do Son (Malandrómeda)Atrás Tigre, en La Fonoteca.. En 2017 publicaron o LP Fainos saír (Triunvirato), gravado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma (O Hío) e masterizado por Martín Ballesta en Last Punch Mastering (Glasgow)Fainos saír, en La Fonoteca..
As súas letras teñen unha fonda carga poética, e inclúen versos de Aníbal Núñez, Estevo Creus, Olvido García Valdés e Gonzalo Hermo«Atrás Tigre: "É aburrido e violento ter unha sorte de obriga de xustificar a música que fas cun sesudo discurso"», entrevista de Montse Dopico en Praza Pública, 7 de xullo de 2017..
Discografía Atrás Tigre (Triunvirato, 2016; casete) Fainos saír (Triunvirato, 2017; LP)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Atrás Tigre, en Bandcamp.
Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais formados en 2016