Rick and Morty é unha serie de televisión estadounidense de animación creada por Justin Roiland e Dan Harmon para Adult Swim. A serie segue as desventuras dun científico, Rick, e o seu facilmente influenciable neto, Morty, quen pasan o tempo entre a vida doméstica familiar e as viaxes espaciais intergalácticos. Roiland é o encargado de darlle voz aos dous personaxes principais, tamén inclúe as voces de Chris Parnell, Spencer Grammer, e Sarah Chalke.

As orixes da serie atópanse nunha curtametraxe rudimentaria animada por Roiland para o festival de cine Channel 101, chamado Doc and Mharti, unha parodia dos principais protagonistas de Back to the Future. NBC despediu a Harmon por discusións entre el e os executivos da serie Community, e entón Roiland e Harmon desenvolveron unha serie baseada na película recentemente publicada.

Sinopse Rick Sánchez é a definición exacta de "científico tolo". É alcohólico, un xenio, é irresponsable, un pouco depresivo e é egoísta. Rick acaba de mudarse a casa da súa filla Beth e alí lembra que ten un neto chamado Morty. Sen preguntar a ninguén, decide que lle vai a obrigar a acompañarlle a todo tipo de aventuras para que o mozo vólvase intelixente como el e non se converta nun idiota como Jerry, pai de Morty e xenro de Rick. Así, Rick e Morty comezan a vivir aventuras interdimensionais grazas á súa pistola de portais coa que pode acceder a infinitas dimensións, malia que a familia non quere que o sigan facendo. Aos poucos teñen que tentar atopar un equilibrio entre a súa vida familiar e as súas viaxes a través do espazo e por distintas realidades paralelas, algo que non é fácil para o pequeno Morty que é incapaz de ter unha vida normal á marxe do seu avó.

Escritura A fórmula xeral en Rick and Morty consiste na contraposición de dous escenarios que conflúen. Por unha banda móstranse as aventuras que vive un avó extremadamente egoísta e alcohólico polo vasto e descoñecido do espazo intergaláctico e/ou interdimensional, o cal arrastra ao seu neto para que o acompañe nas viaxes. Estas aventuras intercalanse en cada episodio con dramas domésticos familiares máis propios do xénero sitcom.Sepinwall, Alan (24 de marzo de 2014). "Dan Harmon interview, part 3: ‘Rick and Morty’, HitFix (en inglés) Dan Harmon describe esta fusión de ciencia ficción e ambiente familiar como unha mestura de influenzas entre as dúas obras de Matt Groening: Os Simpson e Futurama. Por outro lugar, o coautor Justin Roiland comunicou a intención dos creadores de que a serie excedese a continuidade tradicional na televisión, optando así por storylines descontinuas, «non fixadas por regras». Roiland describe cada episodio como «[o seu] propio punto de vista».

Lista de temporadas TemporadaEpisodiosInicio*Final*1112 de decembro de 201314 de abril de 201421026 de xullo de 20154 de outubro de 20153101 de abril de 20171 de outubro de 2017 *Datas nos Estados Unidos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2013 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa