Lois González López, nado en Madrid en 1866, foi un poeta en galego que Ricardo Carballo Calero encadra nos Epígonos.

Traxectoria A súa familia tiña casa en Pumarín (Montecubeiro, Castroverde). Viviu entre 1869 e 1878 en Montecubeiro e Neira de Rei. Trasladouse a Madrid e cambiou o segundo apelido de López a Cando, nome dunha casa grande de Vilar en Montecubeiro.

A máis coñecida das súas poesías é A víspera de San Xoán en Montecubeiro que foi premiada cun accésit nun certame celebrado en Lugo en 1891. O poema representa con realismo ameno e ponderado un anaco da vida da aldea e ten o valor do directamente coñecido e exposto con simpatía e fluidez. .

Outras composicións súas son as tituladas A miña sorte, O bico, Parrafeo con San Pedro, publicadas na revista Galicia de Andrés Martínez Salazar.

Tanto a lingua usada como o ambiente campesiño representado están moi logrados nestes poemas.

Obra Ademais dos poemas citados é autor dalgunhas obras en castelán escritas en colaboración con A. López Álvarez ou Perosterena.:

De visita, 1898 El suicidio de anoche, 1899 La leva, 1900

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1866 Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público