O centro de lanzamento de Xichang é un centro de lanzamento chinés desde o que se envían satélites principalmente cara a órbita xeosincrónica. Está situado en Xichang, na provincia de Sichuan, no suroeste da China. As oficinas centrais están situadas na cidade de Xichang, a uns 65 km de distancia. O centro de lanzamento dispón dun ferrocarril adicado en exclusiva. A maior parte dos lanzamentos comerciais feitos pola China tiveron lugar desde este centro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Centro de lanzamento de Taiyuan Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang

Categoría:Cosmódromos Categoría:China