Natividad González Laso, nada en Xinzo de Limia o 24 de decembro de 1953, é unha política galega.

Traxectoria miniatura|Papeleta das Xerais de abril de 2019. Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Desenvolvemento Territorial pola Universidade Autónoma de Madrid e posgrao en Planificación e Desenvolvemento Local pola Universidade da Coruña. Traballou como coordinadora técnico-didáctica de programas de inserción e emprego no Centro de Formación en Novas Tecnologías de Ferrol e foi xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa Noroeste nos concellos da comarca de Ferrol e Ortegal. Militante do PSdeG-PSOE dende 1989, formou parte das executivas locais de Narón e Ferrol, da Executiva Nacional Galega, do Comité Nacional Galego e da Executiva Provincial da Coruña. Nas eleccións autonómicas de 2001 foi elixida deputada do Parlamento de Galicia. Incorporouse ao gabinete da Consellería de Sanidade en 2005 e en 2008 foi nomeada comisionada para a Seguridade Vial de Galicia. Foi concelleira e portavoz do Grupo Municipal do PSdeG no Concello de Ferrol en 2011. Dende setembro de 2017 é asesora do alcalde de Ortigueira.Natividad González Laso, nueva asesora del alcalde, tras la renuncia del anterior

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Biografía

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Ferrol Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1953 Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña