Víctor del Río Amado, nado o 20 de abril de 1911 e finado na Coruña en xaneiro de 1991,La Voz de Galicia, 8-1-1991, p. 34. foi un mestre e político galego.
Traxectoria
Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi mestre de Callobre (Miño), Vilarmaior, e novamente dende 1933 de Callobre. En 1931 foi un dos membros do comité organizador do Partido Agrario Radical Gallego. Foi secretario do Grupo Galeguista de Callobre. No franquismo foi alcalde de Miño entre 1954 e 1955.La Noche, 15-6-1955, p. 4. Finou na Coruña aos 79 anos.
Vida persoal Casou con Remedios López Domínguez.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Alcaldes de Miño Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1911
Categoría:Finados en 1991