O Teatro Filarmónico foi un teatro situado na Rúa Madalena da cidade de Ferrol.
Historia As primeiras novas que se teñen da existencia do teatro datan de 1861 e as últimas de 1870 e dende 1867 estivo arrendado ao Liceo de Artesanos. Neste teatro debutou a soprano ferrolá Carolina Casanova en 1863, cando Francisco Piñeiro era o seu director.
O teatro contaba con dúas ordes de palcos, dúas gradarías (alta e baixa) e patio de butacas.
Notas
Categoría:Teatros de Ferrol Categoría:Ferrol sen imaxes Categoría:Edificacións desaparecidas