A colección Illa Nova foi unha colección literaria de Editorial Galaxia creada en 1957 e dedicada a primeiras edicións de literatura contemporánea en lingua galega, nos xéneros teatro, narrativa e ensaio.

Nome A colección fundouna Xaime Isla Couto e chamouna así pola alianza do seu apelido co da súa dona, Cristina Nóvoa Pedreira.

Libros editados Vieiro choído (Xosé Luís Franco Grande, 1957; teatro) Do sulco (Xohana Torres, 1957; narrativa) Percival e outras historias (Xosé Luís Méndez Ferrín, 1958; relatos) Lonxe de nós e dentro (Camilo G. Suárez-Llanos, 1961; relatos) O crepúsculo e as formigas (Xosé Luís Méndez Ferrín, 1961; relatos) Vinte mil pesos crime (Bernardino Graña, 1962; teatro) Vicente Risco na cultura galega (Ramón Lugrís, 1963; ensaio) Arrabaldo do norte (Xosé Luís Méndez Ferrín, 1964; narrativa) Xente no rodicio (Xosé Neira Vilas, 1965; relatos) A orella no buraco (María Xosé Queizán, 1965; novela) Vento ferido (Carlos Casares, 1967; relatos) Camiño bretemoso (Xosé Neira Vilas, 1967; narrativa) As ponlas baixas (Vicente Vázquez Diéguez) A torre de Babel (Lois Diéguez, 1968; novela) Cambio en tres (Carlos Casares, 1969; narrativa) Historias do 30 de febreiro (Emilio R. Gregorio Fernández, 1969; narrativa) O paseo (Xoán Xulio Alfaia, 1970; narrativa) Vixiando (Xesús Manuel Coruxo) Voltar (Xavier Alcalá, 1972; relatos) As calexas do cigurath (Xavier Carro, 1973; relatos) A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez (Francisco Rodríguez Sánchez, 1972; ensaio) A teima (Carlos Durán, 1973; novela)miniatura|Xente no rodicio, de Xosé Neira Vilas (1965).|centro

Véxase tamén

Bibliografía Martínez, Xurxo (2026). Un país ilustrado. Aas cubertas de Galaxia (exposición). Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Outros artigos Colección Dombate Colección Salnés Premio de narrativa Illa Nova

Illa Nova Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Listas de libros