Fernando Lago Búa, nado en Pontevedra e finado en Vigo o 5 de xaneiro de 1937, foi un funcionario de prisións galego.

Traxectoria

Membro dunha familia de carniceiros pontevedreses. Militante do Comuñón Tradicionalista, ingresou por oposición no corpo de seguridade interior de prisións en 1934. Foi árbitro de fútbol, e ocupou o cargo de vicepresidente do colexio galego en 1935.

Destinado no penal de El Dueso, a principios de setembro de 1936 foi nomeado polo gobernador civil inspector das prisións provinciais de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 8-9-1936, p. 8. Organizou un sistema de donativos destinados a remediar as carencias do elevado número de presos e co médico de prisións Francisco Bustelo Bustelo organizou unha trama para extorsionar aos presos do campo de concentración de San Simón facéndolles crer que estaban nas listas para “pasear” e que se lles entregaban unha cantidade de diñeiro, influirían para evitalo. Denunciados polo médico vigués José Ramón de Castro Rodríguez a Severiano Martínez Anido, foron detidos o 14 de novembro de 1936 cun colaborador, Cándido Barros Martínez. Xulgados en consello de guerra o 21 de decembro, os dous líderes da trama foron condenados a morte.El Ideal Gallego, 6-1-1937, p. 2. Notas

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos