O cario é unha lingua indoeuropea, da rama luvita, pertencente ao extinto grupo anatolio, falada na rexión de Caria, no sur de Anatolia (a actual Turquía)Adiego, I.J. 2006 The Carian Language. Leiden: Brill.. Cara ao século -II ou un pouco máis tarde esta lingua sería substituída na zona polo grego.
Aspectos históricos, sociais e culturais
Historia da lingua A rexión de Caria estaba situada entre Licia e Lidia. O cario parece ser a lingua autóctona de Caria (gr. Καρία Karía) e o cario debeuse falar nela durante o durante o I milenio a. C. (os textos documentados abarcan catro séculos, do -IV ao -II), é posíbel que aínda algún tempo despois se seguise falando na rexión.
Uso e distribución Existen unha ducia de inscricións en alfabeto epicórico a maior parte curtas ou fragmentarias atopadas en Caria ou en obxectos procedentes desa rexión. A maior parte están datadas entre o século -IV e o -III. Existe ademais unha inscrición bilingüe en cario e grego procedente de Atenas, datada no século -VI. Con todo o maior número de textos en cario proceden de epitafios e grafitti deixados por mercenarios carios en Exipto, datados entre o século -VII e -V. O descubrimento dunha longa inscrición bilingüe en 1996 no sitio de Kaunos revolucionou o coñecemento que se tiña da lingua.
Descrición lingüística
Clasificación O cario é claramente unha lingua indoeuropea do grupo anatolio, e con características do subgrupo occidental (luvita-licio-cario), polo que o antigo luvita podería ser o seu antecesor.
O alfabeto cario O cario usaba un alfabeto propio, con algunhas semellanzas co grego. Como moitas escrituras antigas, escribíase indiferentemente de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita, sen separación de palabras como norma. O desciframento, despois dos traballos de Ray (1981), Adiego e Schürr está case completadoRay (1981)« ...the question of the Carian alphabet may be viewed as decided ». Melchert (2004), p. 610.
SignoSegundo alanwood.net, para ler este alfabeto pode ser preciso a instalación dunha fonte especial Aegean Transcrición Pronunciación (API)𐊠a𐊢dð𐊣l𐊤ù𐊥r𐊦λ𐊨q𐊩bβ𐊪m𐊫o𐊭t𐊮šʃ𐊰ss𐊲u𐊴x𐊵n𐊷p𐊸śθ𐊹i𐊺e𐊻w𐊼k𐊿ú𐋅í𐋇τ𐋈w
Fonoloxía Os intentos de descifrar a escritura do cario empezaron no século XIX, pero eses intentos estiveron infestados de numerosos erros e descoidos. Finalmente V. Shevoroshkin (1965) demostrou que se trataba dunha escritura alfabética, aínda que os valores fonéticos atribuídos seguían tendo importantes erros, Ray (1981) usando a evidencia das tumbas bilingües en cario e exipcio corrixiu erros e un traballo posterior de I.-J. Adiego e D. Schürr completaron o correcto descifrado.
Existen moitas incertezas referentes á interpretación fonética dalgúns signos do alfabeto cario, non hai seguridade de ata que punto algúns signos representan fonemas diferentes por iso preséntanse entre parénteses. A maior parte dos valores fonéticos establecéronse comparando inscricións bilingües en grego ou exipcio demótico. O seguinte inventario consonántico é o proposto por H. G. Melchert para o cario: {|class="wikitable" ! !Bilabial !Dental !Alveolar !Palatal !Gutural !Glotal |- align=center ! Oclusiva | style="font-size:larger;" |p | colspan=2 style="font-size:larger;" |t | | style="font-size:larger;" |k, q | |- align=center ! Africada
| style="font-size:larger;" | (?)τ*
|- align=center ! rowspan=2| Fricativas | style="font-size:larger;" | (?)b | style="font-size:larger;" | (?)d
|- align=center | | style="font-size:larger;" | (?)ś | style="font-size:larger;" | (?)s | style="font-size:larger;" | (?)š
| style="font-size:larger;" | (?)x |- align=center ! Nasais | style="font-size:larger;" |m | colspan=2 style="font-size:larger;" |n
|- align=center ! Aproximantes |style="font-size:larger;" |u | colspan=2 style="font-size:larger;" |l, r, λ |style="font-size:larger;" |i
Gramática A terminación de acusativo animado singular é -n (<pIE -m), a marca de nominativo é o morfo cero, mentres que -ś é algún tipo de terminación adxectiva usada para marcar posesión.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Linguas anatólicas Categoría:Linguas indoeuropeas Categoría:Linguas mortas de Asia Categoría:Linguas antigas