Betty Marie Tall Chief, nada en Fairfax (Oklahoma) o 24 de xaneiro de 1925 e finada en Chicago o 11 de abril de 2013 foi unha bailarina estadounidense. Entre 1942 e 1947 estivo co Ballet Russe de Monte Carlo, pero é máis coñecida polo tempo que estivo no New York City Ballet entre 1947 e 1965.
Traxectoria O seu pai era un osage e a súa nai unha Ulster-Scots. Sobre a súa nenez escribiu:
Gozaba da música e da danza. O seu desexo de perseguir unha carreira na arte constituíu un desafío considerable para unha rapaza amerindia nesa época. Estudou ballet con Bronislava Nijinska durante cinco anos. A filosofía de Madame Nijinska sobre a disciplina fixo sensible a Tallchief: "Cando durmas, soña como unha ballerina. Mesmo cando agardas na esquina polo bus, párate como unha ballerina". Betty Marie continuou a traballar duro e dominou as destrezas técnicas moi ben cos anos. Debutou, moi nerviosa, no Hollywood Bowl. Xa unha refinada profesional, deixou Os Ánxeles aos dezasete anos e fixo audicións en Nova York. Uniuse ao Ballet Russe de Monte Carlo e acadou rapidamente o status de solista.
O coreógrafo George Balanchine escribiu varias das súas obras máis famosas para ela; os dous casaron en 1946 e divorciáronse en 1952. Entre 1947 e 1960 foi prima ballerina do New York City Ballet, onde Balanchine era o coreógrafo principal. A súa interpretación de The Firebird de Balanchine en 1949 e a súa primeira colaboración coa Ópera Nacional de París elevou a Maria Tallchief á escena mundial. Tamén interpretou a personaxe da fada do azucre na versión de Balanchine de The Nutcracker.
Continuou a bailar co American Ballet Theatre ata 1965, cando se retirou. Coa súa irmá Marjorie, fundou o Chicago City Ballet en 1981, do que foi directora artística ata 1987.
Recoñecementos Maria Tallchief converteuse na bailarina estadounidense máis importante e en 1953, o presidente Dwight D. Eisenhower declarouna "Woman of the Year" (Muller do ano). Cando o gobernador de Oklahoma a honrou ese mesmo ano polos seus logros internacionais e a súa orgullosa identidade nativa estadounidense, Tallchief foi nomeada Wa-Xthe-Thomba ("Muller de dous mundos").Starlynn Raenae Nace. "Tallchief, Elizabeth Maria". En Encyclopedia of Oklahoma History and Culture. Oklahoma Historical Society.
En 2022, a figura de Maria Tallchief foi a elixida como protagonista de dúas moedas estadounidenses de 2003: por unha parte a quinta da serie dun cuarto de dólar da serie Mulleres Americanas, dedicada ás mulleres máis representativas da historia dos Estados Unidos,"Maria Tallchief Quarter". United States Mint. e por outra banda a moeda dun dólar da serie Sacagawea correspondente a ese ano, dedicada á contribución dos indios ao ballet nese país."United States Mint Announces 2023 Native American $1 Coin Reverse Design". United States Mint. 9 de novembro de 2022.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas La bailarina que enamoró a Balanchine. Obituario El País The Ballerina Gallery - Maria Tallchief
Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Bailarinas de ballet