Compendio de gramática gallega-castellana é un conxunto de apuntamentos e textos de carácter diverso concibido como unha gramática descritiva da lingua galega escrito por Francisco Mirás e publicado en 1864. En 1978 Akal publicou unha edición facsímile.

Contido O libro ábrese cun prólogo do autor no que explica que a lingua galega é un dialecto do latín. A obra está destinada a persoas castelanfalantes, co obxectivo de que comprendan o galego.

Compendio de gramática A primeira das obras é un Compendio de gramática gallega-castellana, con un vocabulario de nombres y verbos gallegos y su correspondencia castellana, precedido de unos diálogos sobre diferentes materias. Esta obra ocupa os seis primeiros capítulos:

"Declinacion del artículo determinado ó definido" "Del pronombre" "Conjugación del verbo auxiliar ser" e "Amar, temer, partir, ir, ver, abrir, decir, salir, andar, coger, hacer, poner, querer, tener" "Del adverbio" "Vocabulario de nombres y verbos gallegos con seu equivalencia castellana", "Verbos gallegos de la 1ª conjugacion, con su correspondencia castellana", "Verbos gallegos de la 2ª conjugacion, con su correspondencia castellana" e "Verbos gallegos de la 3ª conjugacion, con su correspondencia castellana". "Diálogos entre un Confesor castellano y un penitente gallego", "Diálogo entre un Caballero y un Gallego", "Diálogo entre un Hacendado castellano y un Gallego", "Diálogo entre un Médico madrileño y un Labrador Gallego", "Diálogo entre un Amo y un Criado".

Outras pezas O volume inclúe tamén varias obras literarias, como un poema de 100 oitavas chamado "A creasión e a redensión" (páxina 63):

A obra remata cun extracto de fábulas, algunhas delas de autoría allea e outras de autoría propia. Delas di no Prólogo correspondente (páxina 93):

page=7|miniatura|Compendio de gramática gallega-castellana, en PDF. As fábulas son "Os Dous coellos" (de Tomás de Iriarte), "Un Rapas ben criado" (de Pedro Calderón)", "Os Días do Santo dun" (de Leonardo Fernandez de Moratín), "Un Rato señorito e un do campo" (de Félix María Samaniego), e "Un Lobo e un Año", "Un Jraxo e un Pavo", "Un Can nadando", "Un Lobo e un a Jrulla", "Un a Raposa e un a Sijüeña", "A Denosiña e os Ratos", "Un a Raposa e as Uvas", "Un a Vivora é un a Lima", "Un a Raposa a un Castron", "Un monte parindo", "Dous calvos", "Un Piollo e un a Pulja", "Un a Araña, un a Mosca e un Abellon", "Un Raposo e un Jalo", "Un Sejo e un Criado", "Un Jrillo e un a Cascuda", "Un a Formija e un a Paloma", "Un Jaljo e un Coello", "Un Cocho e un Faco", "Us Jalos e un a Perdis", "Un Home enamorado", "Un Labador e us Cas", "Un Boy e un Beserro", "Un Boy e un Rato", "Un Pastor e un as Ovellas", "Un Burro e un Lobo", "Un Joloso ajudo", "Dous Frades", "Un Maqués e un Secretario" e "Un Duque e us Jaleotes" (de autoría propia).

A obra remata cunha miscelánea, e as pezas "Epitafio de Arentino", "Ditos selebres" e "Alborada"

Acollida O libro acusa eivas filolóxicas salientables, en particular na primeira parte, de síntese gramatical. Nel ofrécense, por exemplo, tempos verbais compostos inexistentes no galego, como o pretérito pluscuamperfecto coas formas 'eu había sido' e o o futuro perfecto como 'eu habrei sido'. Ricardo Carballo Calero describiu a obra con ironía e humor deste xeito::

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas ''Compendio de gramática gallega-castellana…" en Galiciana, Biblioteca de Galicia.

Categoría:Obras de gramática da lingua galega Categoría:Ensaios de 1864 Categoría:Ensaios en castelán Categoría:Libros no dominio público