Fury é un filme estadounidense de 2014 dirixido por David Ayer. Está protagonizado por Brad Pitt, Shia LaBeouf, Logan Lerman, Michael Peña, Jon Bernthal e Jason Isaacs. Conta a historia dun batallón estadounidense na Alemaña nazo durante os últimos días da segunda guerra mundial. Ayer baseouse no servizo de familiares seus e na lectura de libros, como Death Traps de Belton Y. Cooper, para representar as unidades estadounidenses na segunda guerra mundial e as grandes baixas sufridas polos tripulantes de tanques en Europa.

A produción comezou en setembro de 2013, en Hertfordshire, Inglaterra, e a fotografía principal comezou o 30 de setembro de 2013 en Oxfordshire. A rodaxe continuou noutras localizacións, incluíndo a cidade de Oxford, e rematou o 13 de novembro. Fury estreouse o 17 de outubro de 2014, recibindo valoracións positivas e recadando $211 millóns en todo o mundo.

Personaxes Brad Pitt como Don "Wardaddy" Collier Logan Lerman como Norman "Machine" Ellison Shia LaBeouf como Boyd "Bible" Swan Michael Peña como Trini "Gordo" Garcia Jon Bernthal como Grady "Coon-Ass" Travis Scott Eastwood como Sarxento Miles Jason Isaacs como Capitán "Old Man" Waggoner Xavier Samuel como Tenente Parker Brad William Henke como Sarxento Roy Davis Jim Parrack como Sarxento Binkowski Anamaria Marinca como Irma Alicia von Rittberg como Emma Kevin Vance como Sarxento Peterson Branko Tomović como soldado alemán Iain Garrett como Sarxento Foster Eugenia Kuzmina como Hilda Meier Miles J.D. Vedder como oficial das SS Chris Wilson como Chaplain Marlon Blue como Soldado Daniel Betts como Burgermeister Edin Gali como Sarxento Osi Okerafor como Benton Stella Stocker como Edith

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Ayer Categoría:Filmes producidos por Bill Block Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes sobre a Alemaña nazi Categoría:Filmes sobre o exército dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX