miniatura|Manuscrito de canto chan. Igrexa de San Francisco de Évora. Canto chan ou canto plano,Canto plano en bUSCatermos da USC. é a música vocal tradicional das liturxias do cristianismo, que é o oficial do rito romano.
Características É por esencia monódico, é dicir, consta dunha única liña melódica, e xeralmente cántase a capella. Articúlase mediante un ritmo libre, o cal é esencial segundo todo tratado antigo que versa a este respecto.
Habitualmente era interpretado nun contexto monástico, onde era ensinado por cantores especializados formados nas Scholas Cantorum instituídas, segundo di a tradición, por san Gregorio Magno, coa constitución das catedrais e o establecemento da profesión de chantre ou a de mestre de capela. Nestes recaería a ensinanza do canto chan e, deste xeito, formulouse como parte integral da liturxia romana común da Igrexa católica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Canto gregoriano Gregorio Magno
Categoría:Música