A igrexa de Atlingbo (sueco: Atlingbo kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Atlingbo, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura A presente igrexa foi construída no mesmo lugar que unha anterior do século XII, unha das igrexas de pedra máis antigas de Gotland. A actual levandouse durante o século XIII. As partes máis antigas son o coro e a ábsida, da primeira metade do século. A nave e a base da torre construíronse ao final do século, pero a torre nunca chegou a completarse. A sancristía, cun almacén baixo o mesmo teito, engadíuse en 1800-1801 xunto o muro norte do presbiterio.

A igrexa ten tres portais medievais, dous góticos, no sur da nave e no norte da base da torre, e un románico, no sur do coro. As tres fiestras da ábsida son orixinais, ao igual que a fiestra do sur da nave e unha redonda no oeste. Entre o seu mobiliario destaca a pía bautismal, realizada durante o século XII probablemente polo escultor románico coñecido como Byzantios. O altar e o púlpito son do século XVII, mentres que os bancos son do XVIII.

A igrexa foi extensamente restaurada entre os anos 1956 e 1957 por suxestión do arquitecto Olle Karth.

Galería de imaxes

Notas

Atlingbo