A praia de Caldebarcos é un pequeno areal situado no litoral do lugar da Gándara de Caldebarcos, na parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota. Está preto da praia de Carnota.

Características É unha praia rústica na desembocadura do río Valdebois xunto a unha zona húmida protexida como espazo natural. Nunha contorna semiurbana, constitúe o areal máis setentrional do municipio. Presenta as mesmas características físicas que as próximas de Carnota e Lariño. Posúe condicións excepcionais para a práctica de deportes náuticos como o surf ou o wíndsurf debido aos frecuentes ventos e brisas costeiras. A súa area é fina. A praia está illada, carece de paseo marítimo, e principalmente está composta por rochas e area banca e dourada. O estado habitual do mar é de ondadas medias. O conxunto formado polas marismas, a praia e a zona intermareal constitúe un espazo natural de gran valor ecolóxico. A praia de Caldebarcos conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, moi próxima, é fácil. As sinalizacións de perigo son claramente visíbeis. O hospital máis achegado é o Hospital Virxe da Xunqueira, que se encontra a 19 km, no concello de Cee.Playas de España .

Historia Nos seus arrecifes afundiron varias naves da Armada Invencíbel na súa viaxe para conquistar Inglaterra en 1596.

Notas

Caldebarcos