A igrexa de Hejde (sueco: Hejde kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hejde, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia A torre e a nave son as partes máis antigas da igrexa de Hejde, datando de mediados do século XIII. O coro é un século posterior e substituíu a un coro anterior románico máis pequeno. Os plans para ampliar a nave e a torre nunca se executaron. A sancristía data do ano 1795. A igrexa foi restaurada entre os anos 1935 e 1936, en 1976 e entre 1986 e 1986.
Arquitectura A igrexa ten dous portais de entrada decorados na súa fachada sur. Deses, o do coro está considerado un dos máis peculiares de Gotland. A torre da igrexa está decorada con galerías laterais no sur e no norte, e ten dúas aberturas para as campás, cada unha delas divididas con parteluces, en cada lado. Internamente o teito da igrexa está soportado por bóvedas de crucería, algo pouco común nas igrexas de Gotland. Frescos dos séculos XIII e XIV decoran as paredes e nas fiestras aínda se conservan vidreiras medievais, probablemente da segunda metade do século XIV.
Galería de imaxes
Notas
Hejde