Zsolt Baumgartner, nado en Debrecen o 1 de xaneiro de 1981, é un expiloto de automobilismo húngaro. Correu cos equipos Jordan e Minardi en Fórmula 1. É o único piloto húngaro en competir en dita categoría.

Traxectoria Baumgartner fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Hungría de 2003 e substituíu o accidentado Ralph Firman no equipo de Jordan. Tamén participou no Gran Premio de Italia de 2003 ese ano.

Fixéronse plans para que Baumgartner volvese a pilotar un Jordan en co patrocinio da compañía petroleira MOL Rt.. Non obstante, non conseguiu acordar termos con Jordan e asinou con Minardi no seu lugar. Isto causou que MOL Rt. diminuíse o importe de patrocinio, o que levou a Baumgartner e o seu representante a crear o Zsolt Baumgartner Supporter's Club, un plan similar ao empregado por Justin Wilson no 2003.

Baumgartner competiu durante toda a tempada de Fórmula Un e logo de case puntuar dúas veces (noveno en Mónaco e 10º en Canadá, logrou acadar o primeiro punto de Minardi en máis de dous anos rematando oitavo (aínda que penúltimo) no Gran Premio dos Estados Unidos.

Champ Car World Series En marzo de 2007 foi confirmado como piloto de probas e reserva no Minardi Team USA. Baumgartner só participou nun puñado de probas para o equipo e non disputou ningunha carreira. Antes da tempada de 2008, a Champ Car unificouse coa rival IndyCar Series e Stoddart e Minardi deixaron o deporte.

Fórmula Superleague En 2008 Baumgartner converteuse no piloto de probas do equipo Tottenham Hotspur F.C. na Fórmula Superleague.

Rexistro de carreiras

Resultados completos na Fórmula 3000 Internacional (clave) Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Puntos 2001 F3000 Prost Junior Team INT IMO CAT A1R MON NUR MAG SIL HOC HUN SPA MNZ 29º 0 2002 Coca-Cola Nordic Racing INT IMO CAT A1R MON NUR SIL MAG HOC HUN SPA MNZ 15º 1 2003 Coloni Motorsport IMO CAT A1R MON NUR MAG SIL HOC HUN MNZ 14º 6

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 Pos. Pts Jordan Ford Jordan EJ13 Ford V10 AUS MAL BRA SMR ESP AUT MON CAN EUR FRA GBR ALE HUN ITA USA XPN 24º 0 Minardi Cosworth Minardi PS04B Cosworth V10 AUS MAL BHR SMR ESP MON EUR CAN USA FRA GBR ALE HUN BEL ITA CHN XPN BRA 20º 1

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Official website Zsolt Baumgartner Blue Flags Profile

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Debrecen Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Hungría Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Jordan Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Minardi