"Lonely Woman" é unha composición do músico de jazz Ornette Coleman. A gravación é a que abre o álbum The Shape of Jazz to Come. Ademais de Coleman ao saxofón alto, na gravación interveñen Don Cherry á corneta, Charlie Haden ao contrabaixo e Billy Higgins á batería.

Orixe Nunha entrevista con Jacques Derrida, Coleman relata a orixe da composición:

Outras versións Haden e Cherry fan unha versión desta composición en Old and New Dreams (ECM, 1979). Haden interpretouna outra vez en Etudes (1987) e In Angel City (1988).

O pianista John Lewis foi o primeiro en gravar a peza en xaneiro de 1962 co Modern Jazz Quartet para o álbum do mesmo título, que foi unha das primeiras gravacións en recoller unha composición de Coleman.jazzdisco.org entrada Lonley Woman acceso 14 de marzo, 2018Cook, S. Allmusic Review acceso 6 de xuño, 2012 Máis tarde, en xullo do mesmo ano, Lewis gravouna outra volta no seu álbum European Encounter.jazzdisco.org entrada European Encounter acceso 14 de marzo, 2018

Versións vocais, coas letras escritas por Margo Guryan, foron gravadas por Chris Connor (1962), Freda Payne (1964, en After the Lights Go Down Low and Much More!!!) e Carola Standertskjöld (1966).

Outras versións foron gravadas por:

Helen Merrill e Dick Katz (A Shade of Difference, 1968) Marzette Watts con Patty Waters (The Marzette Watts Ensemble, 1969) Zurich International Festival All-Stars (From Europe With Jazz, 1971) Lester Bowie (Fast Last!, 1974) Old and New Dreams (Old and New Dreams, 1979) Jaki Byard (Phantasies, 1984) Charlie Haden con Paul Motian e Geri Allen (Etudes, 1987) Kronos Quartet (White Man Sleeps, 1987) Charlie Haden Quartet West (In Angel City, 1988) Charlie Haden (The Montreal Tapes: with Don Cherry and Ed Blackwell, 1989) John Zorn (Naked City, 1990) 8 Bold Souls (Sideshow, 1992) The Denison/Kimball Trio (Soul Machine, 1995) Joshua Redman (Momentum, 2005) Archie Shepp Joachim Kühn (Wo man, 2011) Brad Mehldau (Modern Music, 2011) Benoit Delbecq & Fred Hersch Double Trio (Fun House, 2013)

Notas

Categoría:Composicións musicais de 1959