alt=Colección Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor|miniatura|Placa co logo da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor creouse no ano 1995 pola doazón filantrópica de materiais bibliográficos e documentais do propio Francisco Pillado á Universidade da Coruña, por este motivo leva o seu nome. Sendo o primeiro arquivo extenso do teatro de Galiza e, polo tanto que se favorecesen e desenvolvesen os estudos sobre o mesmo.

Historia Francisco Pillado Mayor (A Coruña, 1941) é un dos máis relevantes nomes no panorama teatral galego. É ensaísta e especialista na historiografía do teatro galego, tradutor, adaptador e animador de múltiples iniciativas teatrais, moitas delas argalladas xunto con Manuel Lourenzo e editoriais como Edicións Laiovento. É titulado en Declamación e Arte Dramática, e cofundou algunhas das experiencias máis interesantes da escena galega recente, como o Grupo de Teatro O Facho, a Escola Dramática Galega e a Compañía Luís Seoane. Participou na prensa periódica e en diversas revistas, especialmente con artigos sobre teatro. Foi director da revista Casahamlet, un dos promotores da revista Don Satúrio e das coleccións Castrodouro, Caderno do Espectáculo da Compañía Luís Seoane e mais os Cadernos da Escola Dramática Galega, unha colección básica da literatura e da crítica teatral galega. Traduciu ao galego pezas de autores clásicos universais como Chekhov, Ghelderode ou Molière e mesmo O irlandés astrólogo de Luís Seoane. miniatura|Francisco Pillado Mayor. Decidiu doar o seu valioso arquivo teatral á Universidade da Coruña para a accesibilidade de toda a comunidade estudantil, a xente dedicada á investigación e a toda a cidadanía en xeral que se preocupara pola cultura teatral galega.

No ano da doazón, a licenciatura de Filoloxía Galega fora recentemente eliminada polas autoridades gobernantes da universidade. Malia todo isto, Francisco Pillado, como unha aposta de futuro e confiando no persoal docente-investigador do Departamento de Filoloxía Francesa e Galego-Portuguesa da Facultade de Filoloxía, asina un convenio no ano 1996, co reitor José Luís Meilán Gil, no que a Universidade da Coruña se compromete a subministrar o material, económica e investigadora mais todo baixo a supervisión e/ou coordinación científica do Departamento da Área de Filoloxías Galega e Portuguesa.

Os comezos da Biblioteca-Arquivo foron difíciles polos problemas económicos derivados do relativo cumprimento do convenio asinado pola administración e avanza grazas ao traballo desinteresado da Biblioteca de Filoloxía, dos sucesivos coordinadores e do profesorado de Filoloxía Galega.

Nesta época, debido aos problemas económicos , para o correcto funcionamento do arquivo foi esencial a colaboración do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), do que o propio Pillado foi reitor nesa época, a través de convenios anuais sucesivamente renovados e adaptados ao longo de anos. O primeiro do 1997, permite iniciar as publicacións editadas e a partir do ano 1999, permite a contratación de persoal bolseiro para as labores de catalogación, informatización e atención ao persoal investigador, sempre en colaboración coa Biblioteca da Facultade.

A Biblioteca-Arquivo constitúe un centro documental e bibliográfico (que segue incrementando polas achegas do propio Francisco Pillado), recibe visitas puntuais ou permanentes de persoal investigador tanto galego como estranxeiro, está integrada na Universidade da Coruña e no tecido cultural galego, asinou convenios con diversas institucións como IGAEM, Consello da Cultura Galega, Goberno das Illas Baleares ou Deputacións que permitían realizar actividades investigadoras e difusoras de actividades teatrais, tales como publicacións, campañas de promoción da lectura e exposicións.

Cando se comezou na Biblioteca-Arquivo coa actividade editorial, constitúese un Comité Científico, integrado inicialmente por Francisco Pillado, Manuel Lourenzo e a dirección das coleccións previstas. Con posterioridade, o Comité Científico amplíase coa incorporación de ilustres investigadores estranxeiros. Tamén aparecen novas coleccións que se pensaron necesarias para completar o deseño editorial da Biblioteca-Arquivo.

Na actualidade, a súa labor investigadora continúa e neste intre a profesora da Facultade Laura Tato está levando a cabo unha investigación sobre traducións de obras teatrais do inglés ao galego e do español ao galego. E tamén se recibe algunha que outra solicitude de persoal investigador sobre o teatro en Galiza.

A Biblioteca-Arquivo non ten persoal propio e depende exclusivamente da Biblioteca de Filoloxía e da Facultade de Filoloxía mais hai unha axudante encargada da clasificación e catalogación cando hai achegas novas.

A súa conformación actual é: Francisco Pillado Mayor como presidente de honra, Laura Tato Fontaíña como coordinadora científica, Carlos Paulo Martínez Pereiro como coordinador editorial e forman parte do Consello Científico: Xosé Carlos Carrete Díaz, Perfecto Cuadrado, Manuel Ferreiro, Manuel Lourenzo, Carlos Paulo Martínez Pereiro, José Oliveira Barata, Francisco Pillado Mayor, Francisco Salinas Portugal, Arnaldo Saraiva, Luciana Stegagno Picchio (†) e Laura Tato Fontaíña.

Localización A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor está situada no segundo andar da Biblioteca da Facultade de Filoloxía no Campus da Zapateira. Está separada en dous locais, un é o arquivo, ao que só teñen acceso o persoal investigador previa autorización da dirección da biblioteca e con persoal da mesma presente, e outro a biblioteca, de libre acceso para todo o mundo. Tamén entre dous andares hai unhas vitrinas que teñen carautas e debuxos das representacións teatrais que forman tamén parte do arquivo pero que están en exposición permanente para que todo o mundo poida desfrutalos.

Fondos Entre a biblioteca e o arquivo o total dos seus fondos son máis de 6000 exemplares de libros de teatro e unha gran cantidade de documentación . Todos eles catalogados e informatizados; os da biblioteca pódense consultar no catálogo xeral de libros das bibliotecas da Universidade e os do arquivo pódense consultar tamén no catálogo xeral da UDC coa palabra chave “colección” e tecleando “Colección Francisco Pillado Mayor”. Os carteis e fotografías pódense ver online a través da imaxe dixitalizada no RUC, Repositorio da Universidade da Coruña, dentro do apartado “Biblioteca UDC-coleccións especiais”.

O conxunto doado é moi valioso, cuantioso e diverso, pois ten uns importantes fondos bibliográficos especializados en teatro galego e internacional e un importante fondo documental, moi variado e único. Non se pode calcular o valor do fondo porque está formado por materiais de difícil adquisición e únicos.

Na biblioteca están os libros, que son de a partir dos anos 70 até a actualidade e sobre todo de teatro galego mais tamén de teatro español, francés, portugués, sobre teatro europeo. Dos cales hai monografías, textos, representacións teatrais e manuais sobre o teatro.

Pola súa banda, o arquivo, que é totalmente independente, ten unha clasificación propia, divídese en diferentes seccions. Nunha parte está a colección de prensa desde 1800 até a actualidade sobre o teatro galego que leva e selecciona o propio Francisco Pillado.

Tamén hai unha parte, a máis fundamental, que é a de organización, representación e eventos que ten todo o que son os comezos do Centro Dramático Galego e a Escola  Dramática Galega, da que Pillado foi o fundador e membro.

Despois está todo o correspondente ás representacións de teatro que facía o Centro Dramático Galego. Están os libretos, debuxos de posta en escena, debuxos de vestiario e probas de tecidos. Hai fotografías de todas as representacións teatrais que se facían, máis de 5000 fotografías en branco e negro e algunha en cor. E hai información sobre compañías de teatro galegas, tanto da Escola Dramática Galega como doutras compañías.

Noutra parte están os programas de man desde os anos 70 até a actualidade, os borradores de representacións de obras de teatro de compañías galegas e todo da publicación Casahamlet.  Tamén hai textos inéditos de teatro galego, que se presentaron para concursos de teatro ou representacións e que, moitos deles, non están publicados.

A parte disto, hai unha colección de revistas sobre teatro, algunhas da colección propia de Pillado e outras que adquiriu a biblioteca.

Por último, tamén hai escoitas radiofónicas de representacións en voz de obras de teatro que Francisco Pillado ía gravando e que ía depositando na Biblioteca-Arquivo e toda unha colección de DVDs e vídeos de teatro. A parte da colección de carteis de representacións teatrais, dos que hai máis de 700.

Publicacións editadas Cando se comezou na Biblioteca-Arquivo coa actividade editorial, constitúese un Comité Científico, integrado inicialmente por Francisco Pillado, Manuel Lourenzo e a dirección das coleccións previstas: Laura Tato Fontaíña encárgase da Serie Azul na que se editan obras da “Literatura Teatral Galega”, Francisco Salinas Portugal é o encargado da Serie Verde sobre “Literatura Teatral en Lingua Portuguesa”, Carlos Carrete Díaz encárgase da Serie Vermella sobre “Literatura Teatral en Lingua Francesa” e Carlos Paulo Martínez Pereiro é o encargado da Serie Branca sobre “Outras Literaturas Teatrais”. Tamén aparecen novas coleccións que se pensaron necesarias para completar o deseño editorial da Biblioteca-Arquivo como “Pensamento e Estética”, que está recollida baixo a Serie Gris coa dirección de Carlos P. Martínez Pereiro, e “Documenta”, baixo a Serie Ouro coa dirección de Manuel Ferreiro. E unha liña transversal para textos de autores que están recollidos nas diversas coleccións baixo a epígrafe de “Neodramática”.

Foron saíndo os volumes pouco a pouco, todos eles en lingua galega, a excepción das obras portuguesas, que están en portugués, e as doutras linguas, que son sempre edicións bilingües, todas con estudos introdutorios rigorosos e edicións críticas.

A seguir, pódense observar todas a publicacións editadas de todas as series, que son un total de 71, algúns dos cales xa están esgotados.

SERIE AZUL AUTORTÍTULOANOINTRODUCIÓN/EDICIÓN/NOTASXaime QuintanillaDonosiña1997Laura Tato FontaíñaAntón Villar PonteEntre dous abismos. Nouturnio de medo e morte.1998Emilio Xosé Ínsua LópezRamón Otero PedrayoO fidalgo e o teatro1999Xosé Manuel Sánchez ReiPedro P. Riobó SanluísO teatro galego contemporáneo1999-Ricardo Carballo CaleroEscritos sobre teatro2000Laura Tato FontaíñaGoretti SanmartínO teatro de Xan da Cova2002-Ramón CabanillasA virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera2002Manuel Ferreiro e Goretti SanmartínManuel MaríaEdipo2003Miguel Anxo Mato FondoManuel LourenzoInsomnes2004Carlos Paulo Martínez Pereiro (apéndice: Isaac Ferreira)Cándido A. González¡Mal ollo!... Comedia de ambente mariñeiro2004Manuel Ferreiro e Laura Tato FontaíñaIolanda OgandoTeatro histórico: construción dramática e construción nacional2004-Euloxio R. RuibalMinimalia. 20 pezas de teatro breve2004Inmaculada López SilvaEmilio Xosé Ínsua LópezSobre O Mariscal, de Cabanillas e Villar Ponte2005-Xesús PisónNoite invadida2005Henrique RabuñalAfonso Becerra de BecerreáO ritmo da dramaturxia2005-Maria CampoConfusión de María Balteira2005María Pilar García NegroManuel Lugrís FreireA costureira d’aldea2006Teresa LópezMarica CampoO divino sainete2008-Henrique RabuñalO teatro en Jenaro  Marinhas del Valle2009-Teresa MoureCínicas2010-Leandro Carré AlvarellosTeatro recuperado2011Carlos Caetano Biscainho FernandesDe Galo Salinas a CastelaoTextos recuperados2012Iolanda Ogando e Laura Tato Fontaíña

SERIE BRANCA