La Conquista del Estado foi un semanario político español fundado o 14 de marzo de 1931 (un mes antes da proclamación da Segunda República) por Ramiro Ledesma Ramos. Publicáronse 23 números, aparecendo o derradeiro o 24 de outubro de 1931.

Obxectivos políticos De corte fascista, estaba inspirado na publicación homónima italiana de Curzio Malaparte (La Conquista dello Stato) e pretendía converterse no embrión do fascismo español desde un punto de vista teórico.

No seu primeiro número publicou un manifesto cuxas ideas-forza eran: supremacía do Estado, afirmación nacional, articulación comarcal de España e estrutura sindical da economía (nacionalsindicalismo). O periódico incluíu ademais 17 puntos básicos, que destacaban os seus obxectivos primordiais.La Conquista del Estado, nº 1, 14 de marzo de 1931.

Revolución Nacional e Social Declaradamente partidaria do fascismo, en todos os números insístese na idea de revolución, que se enfronte tanto ao marxismo como ao capitalismo, enfocándose na chamada terceira vía e facendo continuas loas tanto á Italia fascista como ao Partido Nacionalsocialista de Adolf Hitler, que chegou dous anos despois ao poder. Tamén foi moi combativo co independentismo, en especial o catalán, ao que dedicou varios artigos de clara oposición.

Tamén intentou recrutar aos descontentos dalgúns movementos revolucionarios proletarios, fundamentalmente membros da CNT, asistindo ao Congreso Extraordinario de 1931 da organización anarcosindicalista e apoiando a Folga da Telefónica convocada por estes.La Conquista del Estado, nº 18, 11 de xullo de 1931.

Colaboradores O principal colaborador foi Juan Aparicio López. Posteriormente, engadíronse outros como Manuel Souto Vilas.

Fin do semanario e fundación das JONS Logo de sufrir dificultades económicas pola censura estabelecida na Lei de Defensa da República (1931), anunciou en outubro o final da súa andaina. O grupo de simpatizantes arredor do semanario promoveron a fusión coas Juntas Castellanas de Actuación Hispánica, dirixidas por Onésimo Redondo, dando lugar, o 10 de outubro de 1931,Sesma (2012), p. 56 á formación dunha nova organización política e un novo semanario co mesmo nome, Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS), que se converteu no primeiro partido nacionalsindicalista de España.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas La Conquista del Estado arquivo

Categoría:Prensa de España Categoría:Xornais de España desaparecidos Categoría:Xornais de Madrid