miniatura|Stellaria media
A muruxa (Stellaria media) é unha planta da familia das Caryophyllaceae. É unha planta invasora pero fácil de eliminar ao labrar. É sensible aos herbicidas en xeral, pese a que as sementes aseguran unha nova reinfestación. Esta herba non soporta a seca nin a calor forte do verán. Normalmente aparece desde o outono á primavera. Nas zonas de montaña era importante na primavera, xa que a pesar do seu valor pouco alimentario, agromaba antes ca outras herbas.
Descrición A súa xerminación prodúcese polo outono ou a finais do inverno e medra formando grandes matos que poden chegar a medir 30 cm, xeralmente de porte rastreiro xa que a pouca firmeza dos seus talos impídelle manterse ergueita. As follas son ovais, en forma de punta e opostas. Ten pequenas flores brancas (uns 4 mm.), cáliz de cinco sépalos libres, cinco pétalos moi divididos, de tres a cinco estames con anteras purpúreas e pistilo con tres estilos, xorden na zona apical sobre delgados pedúnculos.
Hábitat e distribución Atópase abundantemente en bouzas e terras húmidas e sombrizas e tamén en poulas, así coma á beira das casas abeiradas polos muros.
Tanto en Europa como en América do Norte considérase unha planta invasiva de xardíns, veigas e pasteiros, difícil de controlar por mor á súa masiva xerminación.
Uso medicinal Antigamente utilizábase coma expectorante por mor ao seu contido en saponinas. P. C. Palau, no seu libro «Les plantes medicinals baleàriques» recomendaba o uso do zume da planta fresca coma fortalecedor das vías respiratorias e dos pulmóns. Remineralizante polo seu contido de potasio e silicio. En forma de cataplasma, envolta nunha gasa, úsase para o tratamento de úlceras e feridas. En homeopatía úsase contra os reumatismos e a psoríase.
Etimoloxía A marcada división dos pétalos dá a estas floriñas o aspecto de estrelas, o que deu o nome ao xénero stellaria, do latín stella.
Nome vulgar Recibe en galego tamén os nomes comúns de herba paxareira e maruxa (moruxa).
Taxonomía Stellaria media foi descrita por (L.) Vill. e publicado en Histoire des Plantes de Dauphiné 3(1): 615. 1789 Citoloxía Número de cromosomas de Stellaria media (Fam. Caryophyllaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=40, 44The incidence of polyploidy in the Caryophyllaceae of Britain and of Portugal. Blackburn, K. B. & J. K. Morton (1957) New Phytol. 56: 344-351 Subespecies Stellaria media subsp. cupaniana (Jord. & Fourr.) Nyman Stellaria media var. media Stellaria media var. micrantha (Hayata) T.S. Liu & S.S. Ying Sinonimia Alsine brachypetala Opiz Alsine media L. Alsinula media subsp. apetala (Ucria) Dostál Alsinula media (L.) Dostál Cerastium medium (L.) Crantz Malachia aquatica subsp. calycina (Willk.) Nyman Malachia calycina Willk. Stellaria apetala Ucria Stellaria cucubaloides Pau Stellaria pilosa DulacSinónimos en Real Jardín Botánico Alsine apetala Kit. ex Nyman Alsine avicularum Lam. Alsine barbata Stokes Alsine bipartita Gilib. Alsine brachypetala Opiz Alsine elongata Jord. & Fourr. Alsine glabella Jord. & Fourr. Alsine gussonii Jord. & Fourr. Alsine media (L.) Druce Alsine media var. transiens (Bég.) Tzvelev Alsine repens Vell. Alsine vulgaris Moench Alsinella wallichiana Sw. Arenaria vulgaris Bernh. Holosteum alsine Sw. Stellaria media (L.) J.C. Sowerby & Sm. Stellaria media (L.) Cirillo Stellaria media var. apetala (Ucria ex Roem.) Gaudin Stellaria media f. apetala Rouy & Foucaud Stellaria vulgaris Raunk.[ en PlantList]
Notas
Véxase tamén Bibliografía Plantas medicinales, El Dioscórides renovado - Pío Font Quer.
Ligazóns externas
Categoría:Stellaria Categoría:Plantas invasoras Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1789 Categoría:Taxons descritos por Linné