William Smith, nado en Columbia, Missouri, o 24 de marzo de 1933 e finado nos Ánxeles o 5 de xullo de 2021, foi un actor estadounidense que apareceu en case trescentos filmes e producións televisivas. Un dos seus papeis máis lembrados é o de Anthony Falconetti na miniserie de televisión de 1970 Rich Man, Poor Man.
Smith tamén é coñecido por saír en filmes como Any Which Way You Can (1980), Conan o bárbaro (1982), Rumble Fish (1983), Amencer vermello (1984) e Chamada a un reporteiro (1985), así como diversos papeis no cinema de explotación durante a década de 1970.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Missouri Categoría:Actores de Missouri Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Alumnos da Universidade de Syracuse Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Alumnos da Universidade de París