miniatura|A Praça dos Restauradores ó empardecer, co Monumento dos Restauradores no centro. A Praça dos Restauradores é unha praza da cidade de Lisboa, en Portugal. Conmemora a liberación do país do dominio español no ano 1640.

A súa característica máis representativa é o Monumento dos Restauradores, un obelisco no centro da praza. As figuras de bronce e ouro do pedestal representan a Vitoria, cunha palma e unha coroa, e a Liberdade. Os nomes e datas que están gravados ós lados do obelisco son os das batallas da Guerra de Restauración. O proxecto do monumento é autoría de António Tomás da Fonseca, e as estatuas alegóricas (Liberdade e Vitoria), de Simões de Almeida e Alberto Nunes.

Véxase tamén Ligazóns externas Información da Praça dos Restauradores (en inglés)

Outros artigos Avenida da Liberdade

Categoría:Urbanismo de Lisboa