Air Seoul é unha aeroliña de baixo custo de Corea do Sur subsidiaria de Asiana Airlines. A aeroliña está baseada no aeroporto de Incheon en Seúl, dende o cal opera voos a destinos internacionais. A compañía comezou a operar o día 11 de xullo de 2016.

Historia Dende principios do ano 2014 Asiana Airlines levaba considerando lanzar unha segunda aeroliña de baixo custo ademais de Air Busan. Inicialmente tivo dificultades para continuar co proxecto debido ao accidente do voo 214 de Asiana Airlines en xullo de 2013. Asiana ten só un 46% das accións de Air Busan, mentres que controla totalmente Air Seoul. Air Busan está baseada en Busan, o que permitiu a outras aeroliñas de baixo custo como Jin Air e Jeju Air encher o mercado de Seúl; Air Seoul está baseada en Seúl. Os obxectivos de Air Seoul son reforzar a competencia de Asiana con outras aeroliñas de baixo custo do país e mellorar a actuación da compañía en certos mercados, como o das cidades secundarias xaponesas.

A aeroliña foi creada o 7 de abril de 2015. En xuño de 2016 Air Seoul operou voos de proba dentro de Corea do Sur. O 5 de xullo de 2016 Air Seoul recibiu o seu certificado de operador. Os voos entre Seúl-Gimpo e Jeju comezaron o 11 de xullo. A aeroliña comezou a voar ao Xapón no mes de outubro, sendo as súas primeiras rutas internacionais, e dende entón converteuse nunha aeroliña puramente internacional.

Frota 250px|miniatura|A321 de Air Seoul En xaneiro de 2018 a frota de Air Seoul está formada polos seguintes avións:

+ Frota de Air SeoulAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasAirbus A321-2006—195220Total61

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Corea do Sur Categoría:Aeroliñas de baixo custo