miniatura|300px|Igrexa parroquial de Valpaços. Valpaços é unha cidade portuguesa do distrito de Vila Real, rexión Norte, subrexión do Alto Tras os Montes, comunidade intermunicipal do Alto Tâmega, e da antiga provincia de Tras os Montes e Alto Douro, que contaba con 4 539 habitantes segundo o censo de 2011.
Xeografía É sede dun municipio que abarca 548,74 km² de superficie,Instituto Geográfico Português, Carta Administrativa Oficial de Portugal (CAOP), versão 2013 , e cunha poboación de 16 882 habitantes en 2012."Censos 2011 (Dados Definitivos)", "Quadros de apuramento por freguesia" (tabelas anexas ao documento). subdividido en 25 freguesías.Diário da República, Reorganização administrativa do território das freguesias, Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro, Anexo I.
O municipio limita ao noroeste con Chaves, ao leste por Vinhais e Mirandela, ao sur por Murça e ao oeste con Vila Pouca de Aguiar.
Foi creado en 1836 por desmembramento do municipio de Chaves.
Poboación do municipio Evolución da poboación (1864-2011) Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - INE, Portugal. 1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 201123 59125 57124 48625 17925 29723 91226 05029 39533 59933 98427 35026 06622 58619 51216 882
Número de habitantes por idades (1900-2011) INE Portugal, censos quadros. 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 20110-14 anos8 7679 1678 3579 37311 14811 91212 2019 1907 2974 5232 6541 71615-24 anos4 7834 2164 2334 5304 9186 4375 7594 6354 5593 6332 5041 57625-64 anos10 37510 3099 68710 39111 41213 20413 84211 01511 00510 5509 5078 214> 65 anos1 0781 4361 3741 6061 7821 9132 1822 5103 2053 8804 8475 376
Freguesías miniatura|400px|Freguesías do concello de Valpaços. Desde a reorganización administrativa de 2012/2013, o concello de Valpaços está dividido nas seguintes 25 freguesías: Água Revés e Crasto Algeriz Bouçoães Canaveses Carrazedo de Montenegro e Curros Ervões Fornos do Pinhal Friões Lebução, Fiães e Nozelos Padrela e Tazem Possacos Rio Torto Santa Maria de Emeres Santa Valha Santiago da Ribeira de Alhariz São João da Corveira São Pedro de Veiga de Lila Serapicos Sonim e Barreiros Tinhela e Alvarelhos Vales Valpaços e Sanfins Vassal Veiga de Lila Vilarandelo
Historia Orixe A actual cidade de Valpaços remóntase ao primeiro período da nacionalidade (séculos XII-XIII).
Topónimo Os primeiros documentos escritos que citan a Valpaços datan do século XII. O topónimo ten orixe anterior. A freguesía comezaría por ser un pequeno reduto habitado por nobres e familias señoriais, atraídas por un conxunto de privilexios tendentes a poboar aquela rexión, tan próxima ao Reino de León e Castela.
Antigamente, "Vale de Paço" (e despois "Vale de Paços" até o século XIX) teñen raíces talvez mesmo na prenacionalidade, o que non é de estrañar nun territorio como o deste concello en que a arqueoloxía é notábel desde a época do Imperio romano, e a toponimia, especialmente a antroponímica de filiación xermánica, tan exuberante, constitúe o mellor documento do poboamento prenacional do territorio.
Guerra da Patuleia
miniatura|280px|Tropas aplican vergalladas a un popular ("setembrista") durante a Patuleia. O acontecemento máis importante da historia de Valpaços deuse seguramente a mediados do século XIX.
O 16 de novembro de 1846, durante a Guerra da Patuleia, enfrontáronse en Valpaços as tropas rivais ("cartistas" e "setembristas"). O movemento, que comezara de forma espontánea e que nun principio tiña características eminentemente populares, pasou nese momento a tomar implicacións políticas. Cerca de dúas decenas de mortos marcaron o paso por Valpaços dunha batalla, que despois proseguiu por terras de Murça.
Feitos da Guerra da Patuleia 6 de novembro - Costa Cabral, no exilio en España, é nomeado embaixador nese país. 7 de novembro - Saldanha sae de Lisboa comandando forzas fieis do exército, despois de pasar revista ás tropas pola raíña e polo seu marido. 16 de novembro - Acción de Valpaços. As forzas gobernamentais do conde de Casal venceron ás de Sá da Bandeira, comandante das forzas da Xunta. 20 de novembro - O que restaba das forzas de Sá da Bandeira, de regreso ao Porto foron atacadas polas forzas miguelistas de MacDonell. 25 de novembro - As forzas miguelistas entran en Guimarães. 3 de decembro - Toma de Valença do Miño polas forsas gobernamentais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Distrito de Vila Real Rexión Norte Alto Tras os Montes Alto Tâmega Guerra da Patuleia
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Vila Real