A igrexa de Gammelgarn (sueco: Gammelgarns kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gammelgarn, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia Probablemente houbo unha pequena igrexa de madeira no lugar, construída a finais do século XI ou principios do XII, antes da construción do edificio de pedra, aínda que non se conservan restos.Kyrkor på Gotland - Kräklinge ting - sydöstra delen. Roosval, Johnny; Lagerlöf, Erland. A igrexa presente está construída ao lado dunha torre defensiva, levantada no século XII e posiblemente deseñada para protecer á congregación de incursores que chegaban por mar.
A construción da igrexa de pedra iniciouse no primeiro cuarto do século XIII. Esta primeira igrexa de pedra estaba formada por unha pequena nave e un coro máis estreito, probablemente sen ábsida.
O presente edificio foi construído principalmente no século XIV. No segundo cuarto do século construíuse o coro, no leste do anterior, a sancristía e posiblemente a parte leste da nova nave no lugar do primeiro coro. Posteriormente tirouse abaixo a parte máis oriental da primeira nave, así como a súa columna central, ampliando a nova nave, e erixíuse unha bóveda de crucería na parte que quedaba da vella igrexa, converténdose na torre do novo edificio. O tellado actual da torre data do ano 1755.
No século XV a igrexa resultou gravemente danada por un incendio e a columna central tivo que ser reforzada.
Arquitectura A igrexa é un edificio do alto gótico, caracterizado por unha nave espazosa dividisa en catro bóvedas por unha única columna. O coro carece de ábsida e no seu lugar o muro oriental está adornado con tres fiestras góticas.
A parte que máis destaca da grexa é o seu portal sur, ricamente esculpido. Data do século XIV e foi executado polo taller do artista local coñecido como Master Egypticus. Nel se mostran escenas do Antigo Testamento.
O interior da igrexa está adornada con frescos, dos cales só se conservan algúns fragmentos. O retablo é unha peza pouco común que data do século XIV, e a igrexa tamén conserva unha pía bautismal medieval. Hai unha tumba no chan do coro que está inscrita con runas. O resto do mobiliario data do século XVII (o púlpito) e do XVIII (os bancos e os postos do coro).
Galería de imaxes
Notas
Gammelgarn