miniatura|dereita|250px|Parella. Parella é un termo coloquialmente empregado para identificar a persoa coa que se está a manter unha relación íntima sen revelar nin presumir nada sobre o estado civil, status da relación ou orientación sexual. O seu uso na psicoloxía e na socioloxía é moi diferente do seu uso coloquial. En psicoloxía, unha parella é calquera persoa que ten unha grande importancia na vida do individuo. En socioloxía, describe calquera persoa ou persoas cunha forte influencia no autoconcepto do individuo.
Actividades e características antropolóxicas Á actividade de parella pódese chamar "saír" (frecuentar, por motivos amorosos ou de amizade, o trato doutra persoa) ou "facer as beiras" (comezar relacións amorosas ou sexuais pasaxeiras). Poden incluír desmostracións afectivas de intimidade física, con relacións prematrimoniais (ou extramatrimoniais se algún dos individuos está casado con outra persoa) e tradicionalmente concubinato, aínda que existen novos conceptos o da amizade con dereito a rozamento, nos que o requisito da fidelidade non se dá por suposto (relación aberta).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Unión civil Parella de feito
Categoría:Relacións interpersoais