Juan Ignacio Delgado Alemany, máis coñecido como Ignatius Farray, nado en Granadilla de Abona (Santa Cruz de Tenerife) o 2 de decembro de 1973, é un cómico, escritor, actor, guionista e cantante canario, nado na illa de Tenerife mais residente en Madrid. No 2018 gañou o Premios Ondas e foi nomeado ao Emmy.

Traxectoria Segundo conta el mesmo,

Estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Logo dun par de anos en Londres, familiarizouse co estilo de "Comedy Club". Ao regresar a Tenerife, comezou na comedia con monólogos humorísticos. Estes tiñan influencias, entre outros, de Faemino y Cansado e de cómicos norteamericanos como Richard Pryor, Steve Martin, Andy Kaufman e Lenny Bruce. Mesmo chegou a ser comparado con algún deles.

Apareceu no programa Nuevos cómicos de Paramount Comedy en 2003. Entre 2004 e 2007 foi colaborador de Noche sin tregua, o late night desa mesma cadea, presentado por Dani Mateo, xunto con varios colaboradores humoristas de Paramount Comedy España.

Participou no magazine de humor surrealista en La hora chanante, interpretando El Loco Las Coles, e posteriormente en Muchachada Nui de La 2, como El Espantajo Los Melones. Tamén apareceu en Museo Coconut e copresentou o programa concurso Involución, ambos en Neox.

Durante 2012, Farray representou o seu espectáculo de humor alternativo El fin de la comedia.Entrevista a Ignatius Farray con motivo de la serie "El fin de la comedia" y sus monólogos Tamén leva ese nome a sitcom de dúas tempadas protagonizada por el mesmo, que se empezou a emitir en Comedy Central en novembro de 2014.

Desde 2014 forma parte do programa La vida moderna na Cadena SER, que xa leva sete tempadas.

En 2015, estreouse a película Mi gran noche, dirixida por Álex de la Iglesia, na que participou como guionista e actor.

En 2016, participou nunha escena do programa Gamers de MTV España. Tamén apareceu na película La noche del virgen interpretando a Ramón García. Ese ano tamén se incorporou ao programa LocoMundo, presentado por David Broncano en #0.

Desde 2018 participa nos programas La resistencia e Late Motiv.

Premios e nomeamentos En 2015 o Festival de series MiM, creado por profesionais do sector e a entidade Madridimagen, entregoulle o premio ao Mellor Actor de Comedia polo seu papel protagonista en El fin de la comedia.

En 2018, a serie El fin de la comedia foi nomeada para os Premios Emmy Internacional na categoría de Comedia.

Polémicas Ten participado en numerosas polémicas, como os seus roces con Arturo Pérez Reverte ou co actor Juan Echanove, tras un tuit en que insultaba a este último.

Música En 2018 formou o grupo paródico musical Petróleo, do que é líder. Defínense coma un "grupo de post punk cristián" que está "á altura da túa angustia". O 1 de agosto dese ano, o grupo debutou en directo no Teatro Pavón de Madrid.

Libros En 2020 publicou Vive como un mendigo, baila como un rey, un libro autobiográfico, prologado por David Broncano.

En 2021 lanzou o seu segundo libro, El bicho que se devora a sí mismo, con ilustracións de Aroha Travé.

Filmografía e colaboracións AnoTítuloFormato2021 - Payasos y fuegoPodcast2020 - 2021Parking KaraokeLate night2020DramaSerie web2019Capítulo 0Serie de TV2018Paquita SalasSerie web2018 - La resistenciaTV2016EstirpeFilme2016LocoMundoTV2016GamersTV2016La noche del virgenTV2015Mi gran nocheFilme2014 - La vida modernaRadio2014 - 2017El fin de la comediaSerie de televisión2013Piccolo Grande AmoreFilme2013Anna Casteller - Tigres LeonesVideoclip2013Planilandia - Lori MeyersVideoclip2011InvoluciónTV2010Campamento FlipyFilme2010Museo CoconutSerie de televisión2007Muchachada nuiTV2004 - 2006La hora chananteTV

Vida persoal Sofre de miocardiopatía hipertrófica.

Notas

Categoría:Humoristas das Canarias Categoría:Nados en Tenerife Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid