Fernando Suanzes Pérez, nado en Ferrol o 18 de setembro de 1953, é un xurista galego. É académico de número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Foi Fiscal Superior da Fiscalía de Galicia desde 2015 até a data da súa xubilación en 2025.
Traxectoria Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1973-1978) e ingresou na carreira fiscal no ano 1982 na Audiencia das Palmas de Gran Canaria e ao ano seguinte, moveuse á Audiencia da Coruña onde permaneceu toda a súa vida profesional.
Na Coruña tivo diferentes cargos como: fiscal decano da Fiscalía dos Xulgados da Coruña, desde a súa creación en xaneiro do 1991 ata xaneiro de 1999, e especialista e coordinador de menores desde o 1996 ata xullo de 2001. Simultaneamente, desde 1999 e ata 2008 ocupouse da coordinación de Vixilancia Penal, e entre 2005 e 2008 foi fiscal coordinador da Fiscalía na Audiencia Provincial.
Dende 2015 até 2025, foi Fiscal Superior de Galicia.
Dende 1988 até 2012, foi profesor asociado de Dereito Penal na Facultade de Dereito da Coruña.
Obras Ten participado con artigos en varias obras colectivas:
Incumplir normas relativas al censo electoral (pp. 195-198); en Comentarios a la legislación penal especial (2012) coordinado por José Ángel Brandariz. Valladolid: Lex Nova. ISBN 978-84-9898-326-5 Delitos por infracción de los trámites para el voto por correo (pp. 220-224); en Comentarios a la legislación penal especial (2012) coordinado por José Ángel Brandariz. Valladolid: Lex Nova. ISBN 978-84-9898-326-5 Delitos por abandono o incumplimiento en las mesas electorales (pp. 229-238); en Comentarios a la legislación penal especial (2012) coordinado por José Ángel Brandariz. Valladolid: Lex Nova. ISBN 978-84-9898-326-5 Delitos en materia de propaganda electoral (pp. 238-244); en Comentarios a la legislación penal especial (2012) coordinado por José Ángel Brandariz. Valladolid: Lex Nova. ISBN 978-84-9898-326-5 La sentencia del Tribunal Europeo de Derechos Humanos de 17 de septiembre de 2024 y el conflicto entre el derecho a la vida y la libertad de pensamiento, de conciencia y de religión en las transfusiones de sangre y otras intervenciones médicas (pp.758-766); en Un derecho penal moderno para una democracia del siglo XXI: Libro homenaje al Prof. Dr. Carlos Martínez-Buján Pérez (2025) coord. por Patricia Faraldo-Cabana et alii. Valencia: Tirant lo Blanch ISBN 9791370103743 Reflexiones jurídicas a la luna de Valencia y bajo el sol de Oleiros (La Coruña); en Crímenes y castigos: miradas al Derecho penal a través del arte y la cultura (2014), coord. por Tomás Salvador Vives Antón et alii. Valencia: Tirant lo Blanc. ISBN 978-84-9053-853-1
Recoñecementos
Cruz de primeira clase de San Raimundo de Peñafort (1988). Medalla Concepción Arenal (1995).Fernando Suanzes será el encargado de presentar a García-Castellón en el Foro Ideal Cruz de Prata da Orde do Mérito da Garda Civil (2013). Cruz ao Mérito Policial con distintivo branco outorgada polo Ministerio do Interior (2016). Premio Redacción Médica A Sanidade en Galicia, Santiago de Compostela (2020) Académico de Número da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación (2025).
Notas
Categoría:Fiscais Superiores de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xuristas de Galicia