Domingo Frades Gaspar, por veces escrito Dumingu Frades Gaspar, nado en San Martiño de Trebello (provincia de Cáceres) o 18 de outubro de 1936 e finado en Badaxoz o 10 de xaneiro de 2023, foi un escritor estremeño en mañego. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2004.Membros correspondentes da RAG

Traxectoria Estudou no seminario de Salamanca e fixo estudos agrícolas en Zaragoza. Funcionario do ministerio de extensión agraria, traballou desde 1970 no servizo de extensión e capacitación agraria de Estremadura, desde onde defendeu a agricultura ecolóxica e a apicultura. Xubilouse en 2001.

Interesado no mantemento das falas galegófonas do Val de Xálima, en 1993 foi un dos fundadores da asociación Fala i Cultura.

Obra

Estudos e traballos lingüísticos

Algu sobre a nosa fala (I) (1975). Algu sobre a nosa fala (II) (1975). Coñocer y actuar (1976). Cun vocabulario mañego-castelán de 600 voces e un apéndice ortográfico. Vamus a falal. Notas pa coñocel i platical na nosa fala (1994) Reeditada no 2000. O seu discurso de ingreso na RAG “Por que estó contentu de falar?”, publicado n’A herdanza da lingua: o galego de Asturias, León, Zamora e Cáceres (2004, pp 27-36).

Traducións e edicións

Nubis i clarus (1975). edición dos poemas mañegos de Eugenio Gómez, cóengo de Cádiz. O pequenu príncipi (2014). Con Félix Severino López Fernández e máis con José María González Rodríguez traduciu U Pequenu Príncipi/O Pequenu Príncipe. Novu testamentu en Fala (2015). Tradución ao mañego do Novo testamento.

Obra literaria

Poesía

Guixiarrus...Labeiras (1976). Ditus i feitus (1977). Versus de un verán (1977).

La Sima (2001). Editora Regional de Extremadura. 90 páxs. ISBN 84-7671-647-8. Versus valeoris da nosa fala. Obra poética mañega (2022). Editora Regional de Extremadura. 355 páxs. Recompilación de poemas seus publicados entre 1971 e 2004)

Outros

Sierra de Gata: donde empieza Extremadura (1983). Apuntes de apicultura (1986) La apicultura extremeña. Apuntes para su historia (1987).

Callejeiru mañegu, de 2004.

Notas

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en San Martiño de Trebello Categoría:Finados en 2023 Categoría:Escritores de Estremadura en lingua galega Categoría:Tradutores da Biblia Categoría:Activistas pola normalización lingüística Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Finados en 2023 Categoría:Personalidades sen imaxes