El faro de las orcas é un filme dramático hispano-arxentino de 2016 dirixido por Gerardo Olivares. Está ambientado e foi filmado na Península Valdés da Provincia de Chubut, no norte da Patagonia arxentina.Sobre o entorno do filme na páxina oficial da mesma. Consultado o 6 de xuño de 2017.

Integramente rodada en 2016, El faro de las orcas foi estreado por primeira vez en España o 16 de decembro dese mesmo ano.El faro de las orcas na páxina web oficial de Wanda Films

Xunto cos dous filmes anteriores de Olivares, Entrelobos (2010) e Hermanos del viento (2015), El faro de las orcas forma unha triloxía na que o fío condutor é a relación home-animal.

Sinopse Lola (Maribel Verdú) ten un fillo con autismo chamado Tristán (Joaquín Rapalini Olivella) para quen a vista das candorcas, aparentemente, supón un estímulo. Coa intención de mellorar o estado do seu fillo, Lola decide levar a Tristán a Arxentina, ante a presenza de Beto (Joaquín Furriel), un garda que traballa nas costas da Patagonia arxentina e que tamén, á súa maneira, mantén unha relación especial con estes animais.

Personaxes Maribel Verdú como Lola Joaquín Furriel como Beto Joaquín Rapalini Olivella como Tristán Ana Celentano como Marcela Ciro Miró como Manolo Osvaldo Santoro como Bonetti Federico Barga como Quiñones

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes de España