Belém Tajes, (pronunciado /beˈlɛŋ taˈʃɛs/), nada en Buenos Aires en 1985, é cantante, compositora e especialista en musicoterapia. Foi vocalista de Luar na Lubre e dende 2022 forma parte de Moura.
Traxectoria Creceu en Arou (Camariñas) e vive en Perillo (Oleiros). Estudou no Conservatorio da Coruña e Carballo e en escolas de música de Santiago de Compostela e A Coruña. Foi alumna de Ángeles Dorrio e Carmen Rey. Con base na música tradicional tamén ten formación en jazz, soul e rock.
Traballou en Irlanda na recolleita dun cancioneiro vinculado ao mar dentro do proxecto Tosta Cultural Cargo. Creadora do proxecto VooDoo gañador dun premio Martín Códax da música e participou en Sisters in the House.
En 2023 publicou o sinxelo Arou'79, preludio do seu novo disco que chegará en abril de 2024. En 2024 publicou o álbum Amar o mar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Luar na Lubre