miniatura|dereita|Otón Marco Salvio Otón (orixinalmente Marcus Salvius Otho) coñecido como Otón, nado o 25 de abril de 32 e finado o 16 de abril de 69, foi un emperador romano.

Traxectoria Otón foi nomeado emperador despois de ser asasinado Servio Sulpicio Galba no ano 69. Fora gobernador da provincia da Lusitania e acompañara a Galba na súa rebelión en contra do despotismo de Nerón.

O seu nomeamento foi coincidente co mesmo nomeamento por parte das lexións do Rhin do seu comandante, Aulio Vitelio, quen marchou sobor de Roma e venceu a Otón, sendo recoñecido polo Senado como novo emperador.

Véxase tamén

Lista de emperadores romanos

Categoría:Emperadores romanos Categoría:Nados en 32 Categoría:Finados en 69