O CFM International LEAP é un motor turboventilador de alto índice de derivación. Está fabricado por CFM International, unha empresa conxunta formada pola estadounidense GE Aviation e a francesa Safran Aircraft Engines (anterirmente coñecida como Snecma). É un complemento modernizado do exitoso motor CFM56, deseñado para competir co Pratt & Whitney PW1000G no mercado dos avións de pasaxeiros de corredor único. CFM pretende substituír o CFM56 co LEAP.

Deseño A arquitectura básico do LEAP inclúe unha versión reducida da turbina de baixa presión de Safran usada no motor GEnx. O ventilador ten follas flexibles fabricadas mediante un proceso de moldeo por transferencia de resina, e están deseñados para desenroscarse a medida que a velocidade rotacional do ventilador aumenta. Mentres que o LEAP está deseñado para operar a maior presión que o CFM56 (en gran parte debido a que é máis eficiente), GE planea establecer a presión operativa por debaixo do máximo co obxectivo de aumentar a vida de servizo e a seguridade do motor. O LEAP presenta un maior uso de materiais compostos, un ventilador blisk no compresor, unha cámara de combustión de segunda xeración Twin Annular Pre-mixing Swirler (TAPS II), e unha relación de derivación de ao redor de 10-11:1. GE está usando compostos de matriz cerámica (CMC) para fabricar as cubertas da turbina.

Prevese que eses avances tecnolóxicos fagan que o motor consuma un 16% menos de combustible. A fiabilidade tamén se apoia no uso dun sistema de arrefriamento do aceite baseado nunha bomba Venturi semelante ao do GEnx, con refrixeradores montados no revestimento interior do conduto do ventilador. O motor ten algúns dos primeiros compoñentes realizados con impresora 3D aprobados pola FAA.

Aplicacións thumb|Prototipo do Airbus A320neo con motores LEAP-1A. + Motor CFM international Leap Modelo Aplicación Rango de pulo Introdución 1A Familia Airbus A320neo 2 de agosto de 2016 1B Boeing 737 MAX 22 de maio de 2017 1C COMAC C919 2021

Notas

Categoría:Turboventiladores