miniatura|Hora do té, un dos costumes máis coñecidos da gastronomía do Reino Unido. miniatura|Unha distribución de bocados servidos co té. A hora do té (en ou afternoon tea) é un costume tradicional británico no que se toma o té ás cinco da tarde.It's Time for Tea – by Dawn Copeman – Time Travel Britain

A hora do té é un hábito británico que xeralmente acontece entre as 4 p. m. e as 5 p. m. Non é exclusivamente unha hora de tomar té, senón máis ben consiste na cea lixeira, que xeralmente se prepara ó chegar do traballo.

Tea break O tea break é un pequeno descanso durante as horas de traballo consistente en 15 minutos, no cal se adoita tomar un tazón de té ou café e un sándwich (tea sandwich). Nunha xornada de traballo adoita haber un tea time e dous tea breaks.

Antes de que se introducise o té no Reino Unido, os británicos tiñan dúas comidas principais: o almorzo e a cea. O costume de tomar o té comezou no século XVIII, cando a xente ía realizando a cea cada vez máis tarde e empezouse a ter un xantar máis lixeiro entre o almorzo e a cea. Aínda así, isto deixaba moitas horas entre algunhas comidas. Algúns membros da aristocracia afixéronse a tomar unha cunca de té xunto cun aperitivo ó redor das cinco de tarde. Este costume obtivo gran popularidade estendéndose a outras clases sociais."Crunch time: why Britain loves a good biscuit". The Guardian. Consultado o 30 de decembro de 2014

Notas

Véxase tamén Outros artigos Merenda

Categoría:Gastronomía do Reino Unido Categoría:Té