Gottfried Böhm nado en Offenbach am Main o 23 de xaneiro de 1920 e finado en Colonia o 9 de xuño de 2021, foi un arquitectoBiografía en epdlp.com. contemporáneo alemán.
Traxectoria Böhm naceu no seo dunha familia de arquitectos en Offenbach am Main, Hessen. O seu pai, Dominikus Böhm, construíu moitas igrexas ao longo da Alemaña. O seu avó tamén foi arquitecto. Logo de obter o título de arquitecto pola Universidade Técnica de Múnic no ano 1946, estudou escultura na Academia de Belas Artes. Despois do 1947, Böhm traballou xunto co seu pai ata o falecemento deste no ano 1955. Böhm saíu pouco despois da firma. Durante este período, tamén traballou coa Sociedade de Reconstrución de Colonia baixo as ordes de Rudolph Schwarz. No 1951, mudouse a Nova York onde traballou seis meses na firma Cajetan Baumann. No transcurso das súas viaxes por América, atopou dúas das súas maiores inspiracións, os arquitectos alemáns Ludwig Mies van der Rohe e Walter Gropius.
Nas vindeiras décadas, Böhm construíu moitos edificios na Alemaña, incluíndo igrexas, museos, centros sociais, edificios de oficinas, casas e apartamentos. Foi considerado un arquitecto expresionista e un pos-Bahaus, el prefire referirse a si mesmo coma un arquitecto que crea "conexións" entre o pasado e o futuro, entre o mundo das ideas e o mundo físico, entre un edificio e o contexto urbano que o rodea. Neste eido, Böhm sempre visiona a cor, a forma e os materiais en relación coas ferramentas. Os seus proxectos máis novos foron feitos a maioría en formigón armado, aínda que máis recentemente comezou a usar máis aceiro e vidro nos seus edificios. En moitos dos seus traballos, a súa idea de planeamento urbanístico é evidente, incluíndo a súa idea da "conexión".
Obras destacadas miniatura|300px|Igrexa en Neviges. miniatura|300px|Igrexa en Colonia. Igrexa en NevigesFicha do edificio en epdlp.com. (1962). Igrexa en Colonia (igrexa, biblioteca, e centro da xuventude)Ficha do edificio en epdlp.com. (1968). Zublin Office Building Ficha do edificio en epdlp.com. (1985) en Stuttgart. Casa do Concello en Bensberg. Edificio Municipal Rheinberg. Restaurante en Bad Kreuznach. Centro Social en Bergisch Gladbach. Magasin Peek+Cloppenburg en Berlín. Deutsche Bank en Luxemburgo.
Premios Grande Medaille d'Or de l'Academie d'Architecture. Frith Schumacher Prize for Architecture. Premio Pritzker de Arquitectura no ano 1986.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía e obras en soloarquitectura.com. . Biografía en architect.architecture.sk .
Categoría:Arquitectos de Alemaña do século XX Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en Hessen Categoría:Nados en 1920
Categoría:Finados en 2021
Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Múnic