A vitronectina (VTN ou VN) é unha glicoproteína da familia da hemopexina, que é abundante no soro sanguíneo, a matriz extracelular e o óso.Boron, Walter F. and Boulpaep, Emile L. "Medical Physiology". Saunders, 2012, p.1097. Nos humanos está codificada no xene VTN do cromosoma 17. Tamén se chama proteína S do complemento (complement S-protein).OMIM Vitronectina, VTN

A vitronectina únese á integrina alfa-V beta-3 e así promove a adhesión celular e o espallamento. Tamén inhibe os efectos de danos nas membranas do sistema de complemento citolítico terminal e únese a varias serpinas (inhibidores da serina protease). É unha proteína segregada e pode encontrarse en forma de cadea simple ou de dúas cadeas unidas por unha ponte disulfuro. Especulouse que a vitronectina está implicada na hemostase e malignidade dos tumores.

Estrutura

A vitronectina é unha glicoproteina de 75 kDa, que consta de 459 residuos de aminoácidos. Aproximadamente un terzo da masa da proteína débese aos carbohidratos que a compoñen. De cando en vez, esta proteína é clivada na arxinina 379 para producir a vitronectina de dúas cadeas, as cales están unidas por unha ponte disulfuro. Aínda non se determinou experimentalmente unha estrutura de alta resolución desta proteína, excepto do dominio N-terminal.

A proteína consta de tres dominios: O dominio somatomedina B N-terminal (residuos 1-39). Un dominio central con homoloxía coa hemopexina (131-342). Un dominio C-terminal (347-459) tamén con homoloxía coa hemopexina.

Informouse de varias estruturas do dominio somatomedina B. A proteína foi inicialmente cristalizada en complexo cunha das moléculas coas que se une fisioloxicamente: o inhibidor do plasminóxeno 1 (PAI-1) e resolveuse a estrutura deste complexo. Despois dous grupos informaron das estruturas de resonancia magnética nuclear do dominio.

O dominio somatomedina B é un nó disulfuro fortemente unido, con catro pontes disulfuro nun tramo de 35 residuos. Informouse de diferentes configuracións disulfuro para este dominio pero esta ambigüidade foi resolta pola estrutura cristalina.

Construíronse modelos de homoloxía para os dominios central e C-terminal.

Función

O dominio somatomedina B da vitronectina únese ao inhibidor do activador do plasminóxeno 1 (PAI-1), e estabilízao. A vitronectina serve para regular a proteólise iniciada pola activación do plasminóxeno. Ademais, a vitronectina é un compoñente das plaquetas, de modo que está implicada na hemostase. A vitronectina contén unha secuencia RGD (45-47), que é un sitio de unión para as integrinas unidas á membrana, por exemplo, o receptor da vitronectina, que serve para ancorar as células á matriz extracelular. O dominio somatomedina B interacciona co receptor da uroquinase, e esta interacción foi implicada na migración celular e transdución de sinais. Os niveis altos en plasma de PAI-1 e de receptor da uroquinase correlaciónanse cun prognóstico desfavorable para pacientes de cancro. A adhesión e migración celular están directamente implicadas na metástase do cancro, o cal proporciona unha explicación desta observación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Glicoproteínas