A Deutsch-Galicischen Gesellschaft (DGG) (Asociación Galego Alemá) é unha asociación fundada en novembro de 1993 con sede na Universidade de Tréveris, ligada ao Galicien-Zentrum, primeiro denominado Dokumentationsstelle Galicie, desa universidade. O seu primeiro, e actual, presidente é Dieter Kremer. Entre 2003 e 2006 o seu presidente foi Alf Monjour Siegfried Jüttner (2008) Anfänge des Wissenschaftsjournalismus in Spanien: der Diario de los literatos de España : Horizonte des Kulturtransfers Peter Lang, p. 132. Conta como presidente de honra a Ramón Lorenzo Dieter Kremer "O bo labor de Ramón" en Ramón Lorenzo. Señor das palabras. Xunta de Galicia, 2011, p. 86. Actividades O obxectivo do DGG é fomentar a investigación científica en cooperación co Galicien-Zentrum da Universidade de Trier. Promove cursos de lingua galega, manifestacións artísticas e culturais en universidades, institucións e outros lugares axeitados. Para a difusión e apoio da investigación no campo dos estudos galegos publica dende 1996Kabatek, Johannes (1998). "Das Galicische in der deutschsprachigen Romanistik in Forschung, Lehre und Institutionen". In: Briesemeister, Dietrich; Schönberger, Axel. Bestandsaufnahme und Zukunftsperspektiven der deutschsprachigen Lusitanistik: Standpunkte und Thesen. Frankfurt: TFM, 307-316 a revista científica biligüe Galicien-Magazin e tamén conta cunha biblioteca centrada na cultura galega. Para os seus fins colabora estreitamente coa Universidade de Santiago de Compostela. Para darse a coñecer realiza regularmente o Galicien-Tag, presentando resultados de investigacións e estudos sobre Galicia e a lingua galega.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diáspora galega Cultura galega na diáspora

Categoría:Institucións da Cultura de Galicia no exterior

Categoría:Asociacións de galicianistas Categoría:Renania-Palatinado