Nova Acta Científica Compostelana (NACC) é unha revista científica da Universidade de Santiago de Compostela, resultado da refundación e remodelación da antiga revista Acta Científica Compostelana (ACC).

O seu primeiro número apareceu en 1990.

Historia Antecedente: Acta Científica Compostelana A revista é o resultado da remodelación da antiga revista Acta Científica Compostelana, que se publicou, con periodicidade anual,NACC Nova acta científica compostelana. Bioloxía. en Dialnet. desde 1964 a 1986,A revista Nova Acta Científica Compostelana (NACC) estrea nova andaina dixital . dedicada ás grandes áreas científicas das Ciencias Exactas e as Ciencias Biolóxicas. O progresivo crecemento da Universidade de Santiago fixo que Acta Científica Compostelana se diversificase cada vez máis, acollendo nas súas páxinas traballos das máis variadas especialidades de Química, Matemáticas, Bioloxía, Farmacia, Medicina e Física. Esta extraordinaria diversificación aconsellou en 1986 unha remodelación da mesma, coa que se pretendía estruturar, en formato de seccións, as diferentes áreas científicas mencionadas.Historia da revista

Nestes anos foi editor da revista o profesor Francisco Bermejo Martínez,Bermejo Martínez, Francisco Javier, na Gran Enciclopedia Galega, Tomo 3, Santiago / Gijón: Silverio Cañada, Editor, 1975. ISBN 84-7286-038-8.

Refundación Así foi como, tras unha interrupción de tres anos (1987-1989), en 1990, viu a luz o primeiro volume de Nova Acta Científica Compostelana. Bioloxía, unha revista de fusión, pois non só incorporaba a grande área das ciencias biolóxicas da antiga Acta Científica Compostelana, senón que, ademais, integraba outra revista da Universidade de Santiago, do mesmo ámbito científico, Trabajos compostelanos de Biología (1971-1986). Esta revista, dirixida na súa última época (1982-1987) polo profesor Jesús Izco Sevillano, nacera coa finalidade específica de dar difusión ás investigacións realizadas polos Departamentos das Facultades de Ciencias e de Farmacia da USC.

Durante máis de 20 anos (1990-2011), de forma ininterrompida e con periodicidade anual, grazas á dirección do profesor José Luis Pérez-Cirera López-Niño e dos seus diferentes equipos editoriais, Nova Acta Científica Compostelana. Bioloxía, representou un vehículo de difusión e fonte de información para os investigadores das distintas áreas de coñecemento do campo da Bioloxía. No ano 2012, tal e como xa ocorrera coa antiga Acta Científica Compostelana, fíxose necesaria unha reestruturación da mesma, en idéntica dirección, é dicir, acoutando novamente as especialidades que constituirán as súas áreas temáticas. Os directores, atendendo á súa traxectoria máis recente, decidiron delimitar o seu ámbito de interese á investigación nas áreas da Biodiversidade Animal, Vexetal e á Ecoloxía. Ademais, facendo honor á tradición da desaparecida Acta Científica Compostelana, quixo rescatar a súa antiga función de divulgación científica, xa que é sobre todo aos científicos aos que corresponde primordialmente esta tarefa.

Edición dixital Todo isto sucedeu en circunstancias difíciles para o mundo editorial, e xusto nun instante en que a USC, en consonancia coas dificultades económicas e as novas tendencias editoriais, fixo que a revista apostara decididamente polo formato dixital e a filosofía do acceso aberto ao coñecemento. Por iso a revista estreou unha nova etapa no portal dixital de revistas da Universidade compostelá, Rev{USC}, baixo a codirección dos profesores María Jesús Aira Rodríguez e Marcos González, e cun novo deseño. O director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, salientou como importante novidade que a revista non se edita como un todo, senón que vai publicando os traballos unha vez revisados e aprobados polos avaliadores externos, dando así resposta á necesidade de inmediatez na comunicación do coñecemento científico.

Equipo editorial O equipo editorial está formado por:Equipo editorial.

Dirección Ignacio García González, Universidade de Santiago de Compostela.

Comité editorial H. Marina Aboal Sanjurjo, Laboratorio de Algología. Facultad de Biología. Universidade de Murcia Esperanza Beltrán Tejera, Departamento de Biología Vegetal (Botánica), Facultad de Farmacia, Universidade de La Laguna Marina Blas Esteban, Facultat de Biologia, Universidade de Barcelona Adolfo Cordero Rivera, Grupo ECOEVO, Universidade de Vigo Benigno Elvira Payán, Departamento de Zoología y Antropología Física, Facultad de Biología, Universidade Complutense de Madrid Giovanni Furnari, Dipartimento di Scienze biologiche, geologiche e ambientali, Università di Catania Joaquim Gosálbez Noguera, Departament de Biologia Animal, Universidade de Barcelona Manuel A. Graça, Departamento de Ciências da Vida, Universidade de Coímbra Mercedes Herrera Gallástegui, Departamento de Biología Vegetal y Ecología, Facultad de Ciencia y Tecnología, Universidade do País Vasco Jesús Izco, Departamento de Botánica. Facultad de Farmacia, Universidade de Santiago de Compostela Jean-Jacques Lazare, Centre d´Etude et de Conservation des Ressources Végétales, Bayonne Xurxo Mariño Alfonso, Neurocom, Universidade da Coruña Gabriel Moreno Horcajada, Dpto. Biología Vegetal (Botánica), Universidade de Alcalá José Ramón Obeso Suárez, Unidad de Investigación de Biodiversidad (UO-CSIC-PA), Universidade de Oviedo Mª Angeles Ramos Sánchez, Departamento de Biodiversidad y Biología Evolutiva, Museo Nacional de Ciencias Naturales (C.S.I.C.), Madrid Cecilia Sergio, Jardim Botânico, Museu Nacional de História Natural, Universidade de Lisboa Alberto M. Stchigel, Departament de Ciencies Médiques Basiques, Universidade Rovira i Virgili José Templado González, Museo Nacional de Ciencias Naturales (C.S.I.C.), Madrid José Manuel Viéitez Martín, Departamento de Zoología y Antropología Fisica, Universidade de Alcalá

Política editorial Temática e alcance NACC: Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) é unha revista de carácter anual que publica traballos orixinais e inéditos de investigación, en forma de artigos e notas, sobre biodiversidade animal, vexetal e ecoloxía. Enténdese por artigo o traballo científico cuxa extensión sexa superior a tres páxinas de revista e estea articulado en apartados. As notas son traballos non articulados en apartados, cunha extensión inferior a catro páxinas (ilustracións incluídas).

Ademais a revista publica, nas súas correspondentes seccións, traballos de divulgación, recensións de libros e todas aquelas noticias de carácter científico que sexan consideradas de interese polo Comité Editorial. Os traballos de divulgación non terán que cinguirse forzosamente aos campos científicos anteriormente mencionados, senón que poderán referirse tamén a outras especialidades científicas, preferentemente relacionadas co ámbito da bioloxía.Política editorial

Proceso de revisión por pares Os traballos presentados a Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) son sometidos á avaliación confidencial dos revisores anónimos (sistema de duplo anonimato autor/revisor) designados polo Comité Editorial, que poderá considerar tamén a elección de revisores suxeridos polo propio autor. Nos casos de discrepancia recorrerase á intervención dun terceiro avaliador.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Portal dixital de revistas da USC

Categoría:Revistas científicas de España Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas españolas do século XXI Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela