A PO-300 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Zacande (Meis) e Cambados; atravesa os concellos de Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa e Cambados. Ten unha lonxitude de 9,04 quilómetros e iníciase en Zacande (Meis) e finaliza nun cruzamento coa VG-4.3 en Cambados.
Percorrido
A estrada é un tramo do camiño entre Pontevedra e Cambados. Sae desde Zacande, no concello de Meis, iniciado desde o tramo urbano. Despois de entrar no concello de Ribadumia cruza Portarís (Lois), Abelenda e A Costa (Leiro) até chegar a Ponte Arnelas.
Cruza o río Umia pola ponte de Santa Marta (antigamente pola ponte dos Padriños) e entra no concello de Vilanova de Arousa. Despois chega ao concello de Cambados por Oubiña, cruza o polígono industrial do Salnés e tras pasar Sameiro e Cacabelos chega a unha rotonda na que remata. Alí conecta coa VG-4.2 e a VG-4.3, e está prolongada pola estrada PO-550, que segue até A Lanzada.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Meis Categoría:Ribadumia Categoría:Vilanova de Arousa Categoría:Cambados Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes