O aeroporto de Tartu é un aeroporto estoniano en Reola, a 10,9 quilómetros ao sur de Tartu. É o segundo aeroporto máis grande de Estonia. Tamén é chamado aeroporto de Ülenurme debido á súa proximidade con esa vila.

Historia O aeroporto inaugurouse o 15 de maio de 1946. Unha nova terminal foi construída en 1981 e as pistas de aterraxe e rodaxe tamén foron melloradas nese momento. Dende o ano 2005 o aeroporto vén sendo operado por Tallinn Airport Ltd. En 2009 a pista foi ampliada ata os 1 799 metros.

No presente só Nordic Regional Airlines opera voos regulares entre Tartu e Helsinqui diariamente. Estonian Air Regional proporciou servizos a Talín ata o 21 de decembro de 2012, e airBaltic operou voos a Riga ata o 1 de agosto de 2011.

Aeroliñas e destinos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Tartu