George Follmer, nado en Phoenix (Arizona) o 27 de xaneiro de 1934 é un expiloto de automobilismo estadounidense.

Traxectoria A súa familia mudouse a California cando era só un bebé. Follmer comezou a súa carreira cun Volkswagen Beetle competindo en Gymkhanas nos aparcadoiros de San Gabriel Valley no Sur de California.

Follmer correu na serie do campionato USAC nas tempadas de 1967-1971 e 1974, con 25 carreiras profesionais, incluíndo as carreiras das 500 Millas de Indianápolis de 1969 a 1971. Terminou entre os dez primeiros 11 veces, coa súa única vitoria en 1969 no Phoenix International Raceway. O seu mellor final nas 500 Millas de Indianapolis foi en 1971. Comezou 29º e terminou na 15ª posición pilotando o Offy turbo de Grant King Racer.

En 1973, Follmer competiu na Fórmula 1 co equipo Shadow de Don Nichols. Participou no seu primeiro Gran Premio, no Gran Premio de Suráfrica de 1973, á idade de 39 anos e 1 mes, converténdose no debutante máis vello da F1 desde a década de 1950, unha distinción que aínda mantén. Nas 13 carreiras do Campionato, os seus mellores resultados foron un podio, 3º no Gran Premio de España de 1973 e 6º en Suráfrica, o que lle outorgou o posto décimo itavo no Campionato de Pilotos con cinco puntos. Tamén competiu en varias carreiras fora do campionato.

thumbnail|left | AMC Javelin de Follmer de 1968 Follmer tamén tivo éxito noutras series de carreiras. En 1965 gañou o United States Road Racing Championship da SCCA. Follmer gañou dúas carreiras no SCCA Continental Championship de 1970 para os coches de Fórmula A, colocándose sexto na clasificación. Gañou o campionato Trans-Am en 1972, gañando catro carreiras cun AMC Javelin e 1976, pilotando un Porsche 934 Turbo.

En 1972, Follmer foi o campión da Can-Am, substituíndo ao ferido Mark Donohue nun Porsche 917/10 do equipo Penske Racing, facendo que a prensa de carreiras alcumase a Follmer como "George Am". Foi bicampión en 1973 pilotando para Rinzler e 1974 nun Shadow. Logrou 6 vitorias e 13 podios en tres anos. É o único piloto que gañou o campionato Can-Am e Trans-Am o mesmo ano.

Follmer competiu na serie NASCAR na Winchester Cup en 1974, con 13 aparicións das 30 carreiras. Logrou tres acabados no top 5 e unha pole position. En 1974 e 1975, correu a International Race of Champions, onde gañou unha carreira.

En 1977 regresou á resucitada Can-Am, acabando sexto en 1977 e o quinto en 1978.

Logo da súa retirada, regresou ás carreiras nas 24 Horas de Le Mans de 1986, obtendo un prestixioso terceiro posto cun Porsche 956.

Aínda que se retirou da competición profesional dos deportes de motor, Follmer aínda compite en carreiras de época, moitas veces pilotando os mesmos coches nos que competiu durante o seu apoxeo.

Ademais da súa andaina nas carreiras, Follmer tamén posuía un concesionario Porsche-Audi-Subaru en Pomona, California, e posteriormente mudouse a Montclair, California, desde 1977 ata 1990.

Rexistro de carreiras Resultados nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. ClasePos. 1966 North American Racing Team Charlie Kolb Ferrari Dino 206S P 2.0 9 Ret Ret 1986 Joest Racing John Morton Kenper Miller Porsche 956 C1 355 3º 3º

American open-wheel racing (clave) (Carreiras en grosa indican pole position)

Campionato USAC Resultados no USAC Championship Car Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 Pos. Pts 1967 Rolla Vollstedt Vollstedt Ford PHX TRE INDY MIL LAN PPR MOS MOS IRP LAN MTR MTR SPR MIL DSF INF TRE SAC HAN PHX RSD 27º 230 1968 George R. Bryant Cheetah Ford HAN LVS PHX TRE INDY MIL MOS MOS LAN PPR CDR NAZ IRP IRP LAN LAN MTR MTR ISF MIL DSF INF TRE SAC MCH HAN PHX RSD 32º 206 1969 George Follmer Cheetah Chevy PHX HAN IRP IRP MIL ISF DOV DSF INF BRN BRN TRE SAC SIR SIR 16º 880 Ford INDY MIL LAN PPR CDR NAZ TRE STP Racing Lotus 56 Offy PHX Plymouth RSD 1970 Brawner Hawk Ford PHX SON TRE INDY MIL LAN CDR MCH ONT DSF INF SED TRE SAC PHX NC 0 George Walther Morris Ford IRP ISF MIL 1971 Grant King Kingfish 70 Offy 159 ci turbo RAF RAF PHX TRE INDY MIL POC MCH MIL ONT TRE PHX NC 0 1975 American Kids Racer Eagle 72 Offy 159 ci turbo ONT ONT ONT PHX TRE INDY NC 0 Adams Automotive Eagle 72 Offy 159 ci turbo INDY MIL POC MCH MIL MCH TRE PHX

500 Millas de Indianápolis Ano Chasis Motor Saída Final Equipo 1968 Cheetah Ford NSC George R. Bryant 1969 Cheetah Ford 27 27 George Follmer 1970 Brawner Hawk Ford 21 31 STP Racing 1971 Kingfish Offenhauser 29 15 Grant King 1975 Eagle Offenhauser NSC American Kids Racer Eagle Offenhauser NSC Adams Automotive

NASCAR (key) (Bold – Pole position awarded by qualifying time. Italics – Pole position earned by points standings or practice time. * – Most laps led.)

Winston Cup Series Resultados nas Winston Cup Series da NASCAR Ano Equipo Nº Construtor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Pos. Pts Ref 1972 Frasson Racing 18W Dodge RSD DAY RCH ONT49 CAR ATL BRI DAR NWS MAR TAL CLT DOV MCH RSD TWS DAY BRI TRN ATL TAL MCH NSV DAR RCH DOV MAR NWS CLT CAR TWS 120º 9 1974 Bud Moore Engineering 15 Ford RSD DAY RCH CAR BRI ATL DAR NWS MAR TAL NSV DOV CLT 29º 230.49 Penske Racing 16 AMC RSD MCH DAY BRI NSV ATL POC TAL MCH DAR RCH DOV NWS MAR CLT CAR Donlavey Racing 90 Ford ONT 1975 Moyer Racing 33 Chevy RSD DAY RCH CAR BRI ATL NWS DAR MAR TAL NSV DOV CLT 74º 167 Michael Brockman 50 Chevy RSD MCH DAY NSV POC TAL MCH DAR DOV NWS MAR CLT RCH CAR BRI ATL ONT 1986 Midgley Racing 29 Chevy DAY RCH CAR ATL BRI DAR NWS MAR TAL DOV CLT RSD POC MCH DAY POC TAL GLN MCH BRI DAR RCH DOV MAR NWS CLT CAR ATL RSD 76º 164 1987 DAY CAR RCH ATL DAR NWS BRI MAR TAL CLT DOV POC RSD MCH DAY POC TAL GLN MCH BRI DAR RCH DOV MAR NWS CLT CAR RSD ATL 70º 163 1988 50W Pontiac DAY RCH CAR ATL DAR BRI NWS MAR TAL CLT DOV RSD POC MCH DAY POC TAL GLN MCH BRI DAR RCH DOV MAR CLT NWS CAR PHO ATL NA -

500 Millas de Daytona ano Equipo construtor Saída Final 1974 Bud Moore Engineering Ford 5 20 1975 Moyer Racing Chevrolet 40 24

International Race of Champions (clave) (Grosa – Pole position. * – Máis voltas liderando.) International Race of Champions results Ano Construtor 1 2 3 4 Pos. Pts Ref 1973–74 Porsche RSD RSD RSD DAY 5º - 1974–75 Chevy MCH RSD RSD DAY 7º -

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Pts UOP Shadow Racing Team Shadow DN1 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA 13º 5

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Follmer Book.com

Ligazóns externas Profile at www.grandprix.com George Follmer at Driver Database George Follmer at Racing Reference

Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Phoenix Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Estados Unidos de América Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Shadow Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos das 500 Millas de Indianápolis