A Plataforma de Converxencia Democrática foi un organismo da oposición á ditadura franquista, creada o 11 de xuño de 1975,Bar (1993), p.81 á marxe da Junta Democrática de España, coa que acabou fusionándose na Coordinación Democrática. Constituíu, por parte do PSOE, un intento de agrupar a unha parte da oposición ao franquismo para competir coa Junta Democrática que basculaba sobre o PCE.de la Calle (2003), p.281 Creouse coa intención de evitar unha estrutura política semellante á italiana na que existía un partido comunista forte e un partido socialista feble.Molinero (2014) Traxectoria No seu manifesto reclaman a instauración da democracia en España e a apertura dun proceso constituínte, comprometéndose a promover un réxime democrático multipartidista, unha estrutura federal do Estado, a liberdade dos presos políticos e a volta dos exiliados, a liberdade sindical e o dereito á folga, a liberdade de expresión, de asociación, de reunión, de manifestación, a supresión dos Tribunais especiais e de todos aqueles organismos e medios de carácter represivo, eleccións libres, e o dereito de autodeterminación e o autogoberno das nacionalidades e rexións do Estado.

As organizacións asinantes do manifesto foron máis numerosas cás agrupadas arredor da Junta Democrática e foron as seguintes:

Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) Movemento Comunista de España (MCE) Izquierda Democrática (ID) Organización Revolucionaria de Traballadores (ORT) Partido Nacionalista Vasco (PNV) Acción Nacionalista Vasca (ANV) Reagrupament Socialista i Democràtic de Catalunya (RSDC) Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) Unió Democràtica do País Valencià (UDPV) Federación Popular Democrática (FPD) Unión Socialdemócrata Española (USDE) Organización Republicana de Trabajadores (ORT) Partido Carlista (que abandonara previamente a Junta Democrática) Partido Galego Social Demócrata (PGSD) Unión Xeral de Traballadores (UXT) Confederación Nacional do Traballo (CNT) Eusko Langileen Alkartasuna-Solidaridad de los Trabajadores Vascos (ELA-STV) independentes democristiáns e socialdemócratas.

Posteriormente, o 26 de marzo de 1976, fusionouse coa Junta Democrática de España,Marín (2010), p. 256 creándose a organización Coordinación Democrática, coñecida coloquialmente como Platajunta.

O 26 de outubro de 1976, como resposta á invitación á negociación do Goberno de Adolfo Suárez, creouse a Plataforma de Organismos Democráticos (POD), que estaba integrada por seis organismos conxuntos de partidos da oposición, a práctica totalidade das forzas opositoras ao franquismo: a Assamblea de Catalunya, a Assamblea de les Illes (Mallorca, Menorca e Eivissa), Coordinación Democrática, a Coordinadora de Forzas Democráticas das Canarias, a Táboa Democrática de Galicia e a Taula de Forces Politiques e Sindicals do País Valenciá.

O grupo de Demócratas Independentes de Coordinación Democrática non se sumou a devandita Plataforma, por ser contrarios ao pacto reformista cos persoeiros relevantes da ditadura franquista e apostar pola ruptura democrática. Tampouco se sumaron as forzas políticas vascas que non estaban agrupadas en ningún organismo unitario nin o Consell Catalán nin o Consello Galego, que tamén se mostraron contrarios a formar parte da mesma.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Junta Democrática de España Coordinación Democrática Transición española

Categoría:Organizacións políticas de España Categoría:Historia de España do século XX Categoría:Política de España Categoría:Franquismo