José Domingo Vidal Martínez, nado en 1926 e finado en Negreira o 24 de outubro de 1994, foi un médico e político galego. Traxectoria Foi nomeado alcalde de Negreira en 1975.La Voz de Galicia, 1-11-1975, p. 31. Presentouse ás primeiras eleccións municipais encabezando a candidatura da UCD e foi elixido alcalde. Non se presentou á reeleción nas eleccións municipais de 1983, sendo substituído polo socialista José Manuel López Tuñas. Nas eleccións municipais de 1987 foi candidato de AP á alcaldía de Negreira, pero nesta ocasión foi derrotado polo PSdeG-PSOE de López Tuñas, que logrou a maioría absoluta. Foi tiroteado o 29 de setembro de 1994 por Elena Fariña Caamaño, coa que mantiña unha relación, e morreu a consecuencia dos disparos o 24 de outubro.La Voz de Galicia, 25-10-1994, p. 37.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Negreira

Categoría:Alcaldes de Negreira Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 1994