O nome Mitrídates ou Mitridates ( Mithridatēs) é a forma do indoiranio Mithra-Datt, que significa "alguén doado por Mitra". Mitra é o deus-sol indoario e Datt (doado por) deriva do radical protoind-europeo *dã, "dar".

É o nome dun gran número de reis, soldados e estadistas na dinastía iraniana dos partos (ou arsácidas) e da realeza e nobreza de Anatolia.

Mitrídates, Mitradates ou Mithridates poden referirse a:

Reis da Armenia Mitrídates I de Comaxene (da dinastía oróntida). Mitrídates II de Comaxene (da dinastía oróntida). Mitrídates de Armenia (35–51). Reis do Bósforo Mitrídates I do Bósforo. Mitrídates II do Bósforo. Reis de Cío Mitrídates I de Cio Mitrídates II de Cio (-337 a -302). Reis de Iberia (Cáucaso) Mitrídates I de Iberia. Mitrídates II de Iberia. Mitrídates III de Iberia. Mitrídates IV de Iberia. Mitrídates V de Iberia. Reis de Partia Mitrídates I de Partia (-171 a –138). Mitrídates II de Partia (-110 a –87). Mitrídates III de Partia (-58 a –57). Mitrídates IV de Partia (128 a 147).

Reis do Ponto Mitrídates I do Ponto (-302 a –226). Mitrídates II do Ponto (-250 a –220). Mitrídates III do Ponto (-220 a –185). Mitrídates IV do Ponto (-170 a –150). Mitrídates V do Ponto (-150 a –120). Mitrídates VI do Ponto (-120 a -63).

Outras persoas Mitrídates de Persia (século -IV.) — sobriño de Darío III de Persia. Mitrídates (soldado) (século -V) — xove soldado persa que, segundo Plutarco, matou accidentalmente o xeneral e princípe persa Ciro o Mozo na Batalla de Cunaxa. Mitrídates (eunuco) - Eunuco do século -VI que axudou a Artabano a matar a Xerxes I de Persia. Personaxe que loitou contra os gregos e foi antepasado dos reis do Ponto. Outros usos Mitridatismo — práctica de inxerir pequenas doses dun veleno para conseguir inmunidade. Mitrídates - Designación antigamente común para libros que conteñen mostras de varias linguas, pois dise que Mitrídates VI do Ponto falaba máis de 25 linguas. Mithridate - Nome dunha traxedia de Jean Racine. Mitridate Eupatore, ópera de Alessandro Scarlatti de 1707, baseada en Mitrídates VI do Ponto. Mitridate (Porpora), ópera de Porpora de 1730. Mitridate, re di Ponto, ópera de Wolfgang Amadeus Mozart de 1770, baseada na obra de Racine.

Categoría:Homónimos